🌿 FESTIVAL BEMBRIVE EN PE🌿
Este festival naceu para recadar fondos para a nosa loita común.
Este ano repetímolo por algo aínda máis importante: para que non caia no esquecemento. Porque agora o esencial é manter viva a memoria e a visibilidade desta causa que nos une.
💪 Sabemos que *esta loita é longa, de fondo, e non é doado manterse en pé todo o tempo*. Pero tamén temos claro que *está na nosa man salvar esta parroquia, e seremos nós, os veciños e veciñas de Bembrive, quen o faga Manteñamonos fortes e unidos,porque así seremos invencibles
💚 *Lembrades onde estabamos fai un ano?* Pois si, estabamos en pé de guerra ⚔️, organizados como poucas veces se lembran nesta parroquia, arrimando os ombreiros os uns coas outras , loitando por *un obxectivo común: salvar Bembrive* 🏡💪
Este documental contará as consecuencias que traería a instalación da macroplanta de celulosa ALTRI na comarca da Ulloa, e contaremos coa presencia do seu director, *Enrique Banet*, e a súa productora, *Mabel Rivera*.
🎬 Por último, queremos anunciar a visualización do *documental “A LOITA FINAL”*, que terá lugar o *venres 30 de xaneiro ás 19:30h ⏰ no Centro Cultural das Pedriñas*📍, onde unha vez máis nos dan a man para seguir agrandando o lazo entre Bembrive e Mos 🤝.
*Imaxes familiares, de veciños, de lugares especiais da nosa parroquia*… todo aquilo que consideredes importante 💚. Facilitaremos teléfonos e correos electrónicos , e tamén estaremos presencialmente escaneandoas no momento, para que as levedes de volta convosco xa no momento.
Precisan das nosas xentes, coñecer as nosas costumes, aos nosos veciños, os nosos lugares… e para iso, o primeiro que nos piden son *fotografías* 📸. Fotografías sobre todo antigas, pero tamén actuais que nos representen.
Porque *sen o pobo detrás, esta loita non tería sentido*.
🎥 Por outra banda, temos un grupo de mozas e mozos que queren levar a cabo un *documental da nosa loita*, e aos que dende Bembrive en pé estamos tratando de axudar.
📅 Ademais, *faremos algúns eventos na parroquia*, dos que iremos dando información conforme se acheguen as fechas, pero o que está claro é que *precisamos de todos e todas vós* 🤝.
*Colgaa na túa casa ou no teu valado*. E se precisa un arranxo, estarémos facendo un *taller de arranxo de pancartas*, así como de creación de novas, o *sábado día 24 de xaneiro, na Rúa da Igrexa 27, a partir das 11h* ⏰. Se non puideses contacta con nós
🖍️ Por todo isto, queremos contaros varias cousas: *temos novas pancartas* a cor para colocar en lugares vistosos e que causen impacto. Así que se queres unha, fainolo saber 👀! Se tes algunha na casa gardada das que fixemos a man, tes que sacala de novo.
Porque sí, estamos de festa, o noso querido San Brais, mais *se non hai veciños, se non hai parroquia, se non hai Bembrive… non haberá festa onde poder disfrutar. ❌* Nós *non podemos esquecernos*, porque *iso é o que queren*.
Que lle *faledes do que nos ameaza* a xentes coa que vos crucedes, pero sempre dende a troula e o pasalo ben 🎉 que teñen que ter estas datas na nosa parroquia.