Os comercios de ACEBE agasallan con doces aos nenos e nenas disfrazados o 30 de outubro polo Samaín
A iniciativa da asociación de comerciantes de Betanzos será na tarde do venres 30, e algúns establecementos que abren os sábados mantérana o 31.
https://t.co/fmdoqFrLeV
O Museo das Mariñas expón as fotos da cativada da escola infantil de Coirós
EXPO COIRÓS reúne ata decembro as imaxes que os nenos e nenas de 3 a 5 anos tomaron do seu concello, xunto coas do fotógrafo Manolo Bouzón.
https://t.co/4v6TIK68k2
Perro Futuro estrea en directo «Chico maravilla» esta noite no Café Lanzós
O trío de rock toca este venres ás 22:30 en Betanzos, con entrada libre segundo o grupo, e presenta o primeiro adianto do seu próximo traballo.
https://t.co/jZWmszRiOi
Os locais de Betanzos poderán pechar unha hora máis tarde na noite de Halloween
O Concello amplía o horario de peche de todos os establecementos abertos ao público do municipio na noite do sábado 31 de outubro ao domingo 1 de novembro.
https://t.co/G59LQOU411
David Veiga, presidente do Ría de Betanzos de piragüismo, protagoniza as Conversas no Lar o 24 de outubro
Lar de Unta convida a coñecer a traxectoria de Veiga e a falar do deporte, do piragüismo e da actividade do club. É ás 12:00 no local da asociación.
https://t.co/7FgCCFuss2