O alumnado do CEIP Ramón Falcón participa na Semana dos Xogos Tradicionais e Populares, promovendo a convivencia, a cooperación e o coñecemento do noso patrimonio cultural. O material foi prestado polo CFR de Lugo. 📸 Vídeo dispoñible na web do centro! #XogosTradicionais
A Deputación de Lugo acolle unha exposición co traballo do alumnado do IES Lucus Augusti, IES Sanxillao e IES Gregorio Fernández sobre o concepto do infinito ️♾
📸 Un proxecto interdisciplinar impulsado polo CFR de Lugo dentro do seu plan de formación.
📅 Ata o 5 de xuño.
📻🌍Ponte…nas Ondas! reúne hoxe a 86 centros de Galicia e Portugal nunha xornada radiovisual en directo
10 centros educativos da provincia de Lugo participan activamente dende o Vello Cárcere de Lugo
Patrimonio, educación e comunicación únense nun modelo recoñecido pola UNESCO
@cfrlugo@erasmusplus
A través do programa Erasmus +, o director do CFR de Lugo, Carlos Carballo e o noso asesor José Miragaya estiveron visitando o Centro de Formación de Lisboa, o IE Giner de los Ríos en Oeiras e o Grupo escolar de Portela e Moscavide, no municipio de Loures.
@CFRLugo 📢 O CFR de Lugo estará presente na 3ª Feira de Educación, Formación e Emprego, os días 17 e 18 de marzo no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.
Un espazo para coñecer iniciativas educativas e compartir experiencias. #conselleriadeeducacion#concellodelugo
O CEIP Virgen de las Maravillas de Cehegín (Murcia) visitou o CEIP Plurilingüe Lagostelle de Guitiriz a través do programa Observa_Acción. O profesorado visitante coñeceu espazos do centro e compartiu experiencias. En abril continuará o intercambio coa visita a Murcia.
🌍 O CFR de Lugo, representado pola nosa compañeira Fani Piñeiro, participou onte no Encontro Internacional Erasmus+ Coruña 2026.
Unha xornada de encontro e intercambio de boas prácticas para dar difusión aos proxectos Erasmus+
#ErasmusPlus
🌿🏫 O CEIP Plurilingüe Concepción López Rey de Baleira recibiu docentes do CEIP Miguel Delibes de Mazarrón (Murcia) nun intercambio do programa Observa_Acción para compartir prácticas educativas e experiencias docentes
Onte o director do CFR de Lugo, Carlos Carballo, e o asesor José Miragaya participaron nunha xornada de traballo no Centro de Recursos da Consellería de Educación en Lisboa, coñecendo a estrutura do sistema educativo portugués. Esta visita enmárcase no programa ERASMUS+
💚🧠 L2501024 Saúde mental e benestar na aula
O CFR de Lugo organiza esta formación centrada na promoción da saúde mental no ámbito educativo.
Trataranse temas como a intelixencia emocional e a abordaxe de dificultades socioemocionais dentro da aula.
📢 A pasada semana tivo lugar unha formación no CEIP Plurilingüe de Palas de Rei sobre materiais manipulativos no ámbito matemático.
🎓 A formación foi impartida por Ruth Álvarez e Pablo Seijas.
🌟 Unha experiencia moi enriquecedora.
💙 Grazas ás persoas participantes!
📢 Onte desfrutamos en Viveiro da charla sobre acoso e ciberacoso escolar.
🤝 Foi un pracer contar con Héctor Méndez, formador da Garda Civil de Lugo.
🌟 Agradecemos ao Concello de Viveiro a súa colaboración e aos asistentes pola súa participación.
🗓️ Próxima cita xoves, 5/03.
👉 CFR de Lugo - Iniciamos unha nova formación para o profesorado.
💻 Introdución aos recursos de E-Dixgal co relator Alejandro Pérez Prado 👨🏫
Está con nós un profesorado moi participativo e con gañas de seguir afondando no uso de recursos dixitais na aula.
👉 Hoxe celebramos outra xornada máis de formación no CFR de Lugo, co curso de Matemáticas en educación infantil. Vivenciación e manipulación na aula.
👩🏫 Grazas ao profesorado participante pola súa implicación e participación.
🇧🇬 Erasmus+
👩🏫 As nosas compañeiras Ana, Belén e Fani veñen de realizar un período de observación na 19 High School Elin Pelin de Sofía (Bulgaria).
🤝 Unha experiencia enriquecedora compartindo coñecemento entre profesorado e alumnado de Bulgaria.
📢 Mañ��, mércores 28 de xaneiro, no salón de plenos do Concello de Viveiro, nova Charla sobre Acoso e Ciberacoso Escolar.
🕐 Hora: 19:00 h
🎤 Ponente - Héctor Méndez (Formador da Garda Civil de Lugo)
#ConcelloDeViveiro #cfrlugo #formaciónfamilias
O CFR de Lugo convídavos a asistir á segunda charla do Ciclo de conferencias organizadas no Concello de Viveiro. Tratarase o acoso e ciberacoso escolar. O relator que nos acompañará, será o formador da Garda Civil de Lugo, Héctor Méndez. Mércores, 28 de xaneiro, ás 19:00 h.
O vindeiro sábado 28 de febreiro recibiremos no CFR de Lugo a Pedro Varea, profesor do conservatorio de música de Toledo, que virá a impartir a docencia no curso L2502004 Recursos musicais para infantil e primaria. Curso práctico de 8 horas. Aberto o prazo de inscrición.