📽 Achégase maio e nós celebrámolo con estas imaxes dun dos nosos videoclips composteláns: "Maios" de Habelas Hainas, desfrutádeas (tamén a canción, o videoclip e, por suposto, o mes de maio 🌸🌺🌼).
👉 https://t.co/f1uXS9eNwk
‼️ Xa está con nós "O camiño de Prisciliano. Tralas pegadas de Ramón Chao". Unha novidade para a nosa web!
🎥 Deixámosvos aquí o trailer para abrir boca, a estrea está prevista para maio 👉 https://t.co/E2Lft32Ncw
🎞'Coidadoras e dispoñibles. As mulleres nos filmes en Compostela (e as que teñen que vir)' é un artigo de Marta Pérez Pereiro no que fala dos roles femininos nas películas rodadas na nosa cidade.
👀 Podedes lelo na páxina web de @CFilmada 👇🏻
https://t.co/AnseMkFeBN
📅 En abril de 1911 A Liga de Amigos de Santiago organiza as primeiras proxeccións ao ar libre na Alameda.
📽 Aínda que xa en 1904 o fotógrafo Ernesto Carretero ofrecera "sorprendentes proyecciones" os días 25, 26 e 27 de xullo, coincidindo coas Festas do Apóstolo.
🎬 Novas aportacións que seguimos recibindo, grazas a Diego Feáns:
▪️ Unha filmación de Santiago en 1991, con abundantes escenas no Ensanche 👉 https://t.co/zfksx1s9iJ
▪️ E aquí, novamente a nosa cidade en 1999 👉 https://t.co/pHveYKEIgy
📅 O 15 de abril de 1942 nace en Compostela Xosé Luís Bernal López, máis coñecido como Farruco.
🥳 Actor e humorista compostelán, que hoxe está de aniversario. Moitos parabéns e que sexan moitos máis!
‼️ Unha nova achega que se suma ao noso inventario: El camino de Santi.
🎥 Trátase da historia de 8 amizades que deciden facer o Camiño de Santiago, desde os diferentes países nos que viven e reunirse en Santiago.
🤓 Podes vela aquí 👉 https://t.co/lmAPOM8el7
🎶 A nosa lista de videoclips non para de medrar, hoxe traemos "Non Hai Quen Me Ature" de Ortiga e High Paw, a ver se sodes quen de recoñecer todos os espazos que percorren.
👉 https://t.co/Onsn8DGY4q
📅 O 6 de abril de 1895 nacía en Bergondo María Miramontes, activista republicana e modista.
🎥 Coa idea de que esta relevante figura non quedase no esquecemento, creouse esta peza hai un par de anos "María Miramontes, tecedora dun país" 👉https://t.co/DcMQ4ZfVB0
📅 Tal día coma hoxe de 1870
nacía o fotógrafo e director de cinema José Gil Gil,
unha figura de gran relevancia no mundo do cinema
etnográfico e tamén no mundo do cinema galego.
🎥 Tivo relación con Compostela e gravou algún filme
na nosa cidade.
Máis sobre el 👇
🤩 Seguimos atopando creacións audiovisuais que engadir ao noso inventario, aquí as últimas incorporacións no apartado de webseries 👇
▪️ El viudo quiere mimos
▪️ A tope siempre
🙂 Agardamos polas túas aportacións, escríbenos!
📅 O 25 de marzo de 1990 finaba en Compostela Carvalho Calero.
🎥 Recuperamos este documental do noso inventario no aniversario do seu falecemento 👉 https://t.co/O6dAGooT5H
🤩 Segue a medrar o noso inventario, grazas ás vosas aportacións. Desta vez curtametraxes dun, aínda non moi coñecido, Alfonso Zarauza:
▪️ Hay que joderse (1994).
▪️ ¡Aproba! (1995).
▪️ Sebastián (2001).
🤔 Botas algo en falta no noso inventario? 👉 https://t.co/2mXrFlZVZP
📅 Tal día como hoxe en 1995 faleceu o cineasta Chano Piñeiro.
🎬 A última película que dirixiu foi O camiño das estrelas, feita para promocionar o Xacobeo 93.
🎥 Aquí o filme completo 👉 https://t.co/JVRguiCPZ3
🤔 Sabías que na nosa web tamén albergamos videoclips filmados en Compostela?
🎶 Hoxe traemos "O baile de Noró" de @xabierdiaz_music e @adufeirasalitre, unha canción ben bonita cun escenario inmellorable 👉 https://t.co/qqepTftGuW
🤔 Queres coñecer a cronoloxía dos principais cineclubes de Santiago de Compostela?
🎥 Acompáñanos neste breve repaso pola historia dos cineclubes da nosa cidade.
👀 Bota un ollo aquí 👉 https://t.co/3eVHVeasFV