Ven a visitar o CIN Bretoña e todo o que A Pastoriza ten para ofrecer: historia e patrimonio, natureza e moito máis. Mapa de A Pastoriza - https://t.co/oWgDZb7FjH
Pronto teremos novas no CIN Bretoña...
Na imaxe: Mailoc de Britonia, obra do escultor Fernando Villapol, na fonte da praza de Bretoña. @ Bretoña, Galicia, Spain https://t.co/SS3uCySycO
Nun día despexado coma hoxe, desde o alto da Pena Gallada aprécianse no Leste as terras de Navia colindantes con Asturias, mentres que no horizonte norteño pode verse o mar cantábrico da ría de Foz, onde quizáis desembarcaron os bretóns comandados por Maeloc a mediados do s. VI.
Ruta de Maeloc.
Recentemente o concello da Pastoriza inaugurou un roteiro adicado ao primeiro bispo coñecido de Britonia. O percorrido ten unha lonxitude de 14,3 km (aproximadamente 3 horas e media) e comeza e remata no paseo fluvial de Bretoña, no Coto da Auruxeira.
O camiño chega tamén ao Campo do Oso onde cada Xuño ten lugar a famosa Rapa das Bestas da rexión, por iso non estraña atoparse mandas de cabalos movéndose libremente por estes cumios.