🚩 | PRESENTACIÓN A ESTRADA
O vindeiro día 21, na Estrada, presentamos a Coordinadora da Mocidade Socialista. Ademais de presentar a nosa proposta política para a cidade, contaremos con cea popular e zona de xogos.
Achégate e organízate!
📽️ | CANDO XORDEN OS MONSTROS. Coñecer e confrontar o fascismo no século XXI
O vindeiro domingo 14 no Centro Socialista A Estrela presentamos o documental producido por @DSocialista_
Contaremos tamén cun obradoiro de autodefensa xunto ás compañeiras do XP Amada García.
Ao longo desta semana, as Asembleas da Mocidade Traballadora celebrarán actos nos que abordar diferentes asuntos que afectan á clase traballadora. Achegádevos!
📸 | Hoxe mobilizámonos contra o desfile militar que busca normalizar o militarismo nas rúas da Galiza.
Nin un euro máis para as guerras dos capitalistas!
💥 | XORNADAS SOCIALISTAS
Avanzamos parte do cartel musical dos vindeiros 24 e 25 de xullo, datas nas que realizaremos as Xornadas Socialistas pola Autodeterminación en Santiago de Compostela.
Pronto máis información e cartel completo!
🚩 Acabemos co machismo nas aulas
Os discursos machistas e fascistas están a tomar forza na universidade. Contra quenes banalizan e normalizan o machismo e a LGBTIfobia, as estudantes socialistas plantamos cara.
Vémonos o xoves 28 na facultade de Historia!
O próximo venres 29 de maio presentamos o Centro Socialista A Estrela no barrio de Santa Marta, en Compostela.
Contaremos con cea popular, agardámosvos!
17M | Días das Letras Galegas
Loitemos polos dereitos e lingüísticos culturais do proletariado. Contra a opresión nacional e os seus intentos de rematar coa lingua, loita de clases revolucionaria!
🔴 | A MOCIDADE TRABALLADORA POLA AUTODETERMINACIÓN
Atacan a lingua galega, socavan a súa cultura e negan o dereito á autodeterminación. Ante o auxe do españolismo e os seus ataques, as traballadoras debemos asumir o combate.
Contra a opresión nacional, loita de clases!
📸 | Unha das consignas que levamos no pasado 1 de maio é que a loita polo socialismo é unha loita necesariamente internacional. Construamos o partido internacional da clase traballadora!
A pasada noite vandalizaron a estatua de Moncho Reboiras da rúa Carreira do Conde. Desde as Asembleas da Mocidade Traballadora condenamos estes feitos e reivindicamos a memoria daqueles que loitaron e deron a vida pola nosa clase.
𝟏𝐌 | O Día Internacional da Clase Traballadora debe volver ser a data para mandar a mensaxe de que é o momento de dar un paso á fronte e recuperar o socialismo revolucionario.
𝟏𝐌 | No Dia Internacional da Classe Trabalhadora, centenas de jovens saímos às ruas na Galiza para lançar uma mensagem contra a guerra imperialista e a favor do socialismo.