Despois de cada intento, voltamos con máis forza. É unha premisa que forma parte da historia do Deportivismo, é a esencia da nosa paixón.
Bandeiras ao vento. É un sentimento, non podemos parar.
Hoxe sumamos outro deportivista que é despedido pola directiva cunhas formas indecentes.
Manifestamos a nosa gratitude co traballo de @JLnunez62 , unha voz que ficará asociada coa nosa casa.
Desde a cabina até a bancada, sempre coa xente do Dépor, sempre coa nosa xente.