O mellor legado para a Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao son, sen dúbida, estes oito anos de traballo, diálogo e compromiso que lle dedicou José Antonio.
De seguro @AEPI_San_Cibrao seguirá crecendo coa mesma vocación de futuro como claro referente empresarial
Extrugasa é exemplo de innovación, tradición e dinamismo.
Hoxe visitamos as súas instalacións en Valga para reafirmarnos máis na aposta da @Xunta a prol dun modelo autonómico de formación para o emprego orientado a contar con perfís cos que cubrir as vacantes das empresas
Hoxe comprobamos en Abegondo os avances do obradoiro dual Reserva da Biosfera: Emprego Verde IV e do Rural Activo, que suman case 600.000 € de apoio da Xunta.
A Coruña acadará este mes os 27 obradoiros duais en marcha, con 530 participantes e 13,2 M€ de investimento autonómico
Comprobamos o avance do obradoiro de emprego O Porriño Eco-Necta, no que 20 persoas combinan formación e emprego durante 9 meses.
Destinaremos máis de 10,6 M€ a máis dunha vintena de obradoiros na provincia de Pontevedra para seguir formando persoas co foco na inserción laboral
Os próximos días estaremos no Brasil para participar nunha nova edición das feiras de emprego.
Seguimos traballando para facilitar o retorno, atraer talento e acompañar a quen queira desenvolver o seu proxecto de vida e profesional en Galicia
Arrancamos a nosa axenda no Brasil cunha reunión co cónsul de España en São Paulo, Pablo Montesino-Espartero.
A colaboración institucional é indispensable para ofrecer unha atención máis eficaz aos preto de 55.000 galegos residentes neste país
Continuamos en São Paulo coñecendo en primeira persoa aos galegos e ás galegas que residen aquí, estreitando lazos e fortalecendo os vínculos coa súa terra.
Visitamos a Sociedade Beneficente Rosalía de Castro, cuxo labor céntrase na atención ás persoas maiores
Rematamos esta xornada en Santos, achegándonos a coñecer o Centro Español y Repatriación e a Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro.
Entidades que representan a memoria viva da emigración e as pontes construídas polos nosos maiores entre Galicia e o Brasil
São Paulo foi a primeira localización da nova edición das feiras de emprego do exterior, que poñemos en marcha tralo éxito da primeira edición na Arxentina e no Uruguai.
O obxectivo é seguir favorecendo o retorno daquelas persoas en idade laboral que queiran regresar a Galicia
Seguimos mantendo encontros coa colectividade galega aquí no Brasil, neste caso coa de Salvador de Bahía.
Todas estas entidades son embaixadoras da identidade galega e manteñen vivo o legado dos nosos emigrantes
Todo preparado en Salvador para acoller a segunda das xornadas das feiras de emprego do exterior.
Seguimos co foco posto en potenciar o noso modelo galego de atracción de talento #GaliciaCalidade
@maestrotriton@JoseGonVaz A verdade é que a iniciativa leva activa desde 2023, así que xa non son dous meses. E, afortunadamente, ten axudado a moita xente que o necesitou no seu momento. É unha pena que a xentiña fale sen informarse primeiro...
Mos é un concello comprometido coa mellora das oportunidades laborais dos seus veciños. Así se demostra coa inauguración da 3.ª edición do obradoiro de emprego Queda en Mos.
Unindo esforzos entre Administración autonómica e entidades locais conseguimos impactos máis positivos