💥 Este é o Cartel completo 📃 do #CasteloRock2024🙌🏾‼ Marcade 🔴en vermello 🔴 no calendario estes dous días! O mellor Rock 🎸nun entorno paradisíaco. Praias, gastronomía, ambiente 🏕 … na fermosa vila de #Muros 🔝🔝
👀Vémonos os días 26 e 27 de Xullo👀
🔥KOMA🔥
Referentes do sonido Rock e Metal estatal cun directo brutalisimo! 🎤😏🤘🏾
Foron 13 anos sen editar novas cancións pero desta, Koma chega ao Castelo Rock ca xira do seu novo disco "Una ligera mejoría antes de la muerte". 🙌🏾
#CasteloRock2024#XXAniversario
🔥Segismundo Toxicómano 🔥
Dende Vitoria chega uns dos mellores grupos do punk.
Himnos do punk como “Por ti”, “las drogas”, “Cabrón” ou “Hoy como ayer”, farán que se formen pogos 🤸🏽♀️🌪️ que queden para o recordo.
#CasteloRock2024#XXAniversario
🔥The Mysterines 🔥
O grupo británico ven en crecemento sendo un dos mellores ✨ do seu estilo e colocándose na cabeza dos álbums máis escoitados do Reino Unido. Nesta edición do Castelo Rock presentarán o seu novo traballo “Afraid of Tomorrows”.
#CasteloRock2024#XXAniversario
🔥Trapos Sucios🔥
Veñen ó Castelo Rock a vivir o seu último concerto, 🥳🤩 será a derradeira oportunidade de ver e
entender porque este grupo representa unha parte tan importante da música muradana. 🙌🏾
#CasteloRock2024#XXAniversario
🔥Archivo Adxunto🔥
Chegan botando faíscas para presentar o seu novo ✨ traballo “Xente nova Leña Verde”, un disco moi traballado co que pretenden seguir escalando chanzos ata chegar ao cume. 🔝🔝
#CasteloRock2024#XXAniversario
🔥Tecor Societário🔥
A banda de Celtic Punk anuncia nova data 🙌🏾 na súa xira no Castelo Rock 📍 para vir a Muros a dar a coñecer o seu novo disco, “Ti que vas facer?”
Cantar e bailar 💃🏾con eles tórnase obrigatorio!
#CasteloRock2024#XXAniversario
Festicultores 📷
Dende 2005 revolucionando as rúas e os nosos corazóns!
A festicultura como remedio para sanar as amarguras todxs a unha: LUMEEEE
#castelorock2024#XXAniversario
A PELO TRIBUTO
Dende Ferrol Terra chegan os a pelo 🤘🏾 cargadiños de cancións 🎶 que sabedes de memoria. Esta gran banda tributo ✨ encherá de recordos o ambiente da 🍹 sesión vermú e faranos gozar coma enanxs!
#CasteloRock2024#XXAniversario
Orfeón RockStyle 📷
Volven con ganas Os do Orfeón de Muros! Co recordo inesquecible do ano pasado, onde viron como todxs xs casteliñxs quedaron abraiadxs cos seus himnos do 🤘🏾rock.
#CasteloRock2024#XXAniversario
ENTRADAS XA Á VENDA!! CASTELO ROCK XX ANIVERSARIO
Promoción Nos primeiros 500 abonos a un módico prezo de 28€+gx, unha vez se esgoten, as seguintes terán a un prezo de 32,5€+ gx. Non quedes sen a túa!!
Merca xa a túa entrada en https://t.co/IhWmWGjAdI
CASTELO ROCK XX ANIVERSARIO📷
Aquí tedes o adianto do que será o cartaz do #castelorock2024 !!!
Merca a túa entrada a partir de mañá día 9 de febreiro ás 12:00 en:
https://t.co/IhWmWGjAdI
📷Zona de acampada gratuíta📷
The Baboon Show - Official 📷
Os de Estocolmo, Suecia, aparecen na escena. A banda comandada por Cecilia Boström e que se caracteriza polos seus directos tan tolos como inesquecibles, veñen a presentar o seu último traballo, “God Bless You All”
#CasteloRock2024#XXAniversario
The Last Internationale 📷
Cruzando o charco e chegando dende New York,toma terra en Muros The Last Internationale,un pedazo de banda a altura do XX aniversario do Festival que sen dúbida deixara pegada.
#CasteloRock2024#XXAniversario
Terbutalina 📷
Os muradáns TERBUTALINA retornan pola porta grande con un pedazo de traballo como “Era cabra”. Despois dun alto no camiño, retoman os escenarios, como non podía ser de outra maneira, na casa.
#CasteloRock2024#XXAniversario
MISCONDUCT 📷
Dende Kristinehamn, Suecia, chega MISCONDUCT que está mais que consolidada na escena internacional.
Veñen a Muros para revolucionar a todo o público casteliño co seu potente e incombustible directazo.
#CasteloRock2024#XXAniversario