🏫 Festa da Terceira Idade de Monterroso.
👵🧓 O Concello organiza esta cita o 16 de outubro na Cúpula.
🖊 Inscricións ata o 13 de outubro nas oficinas municipais ou a través dos pedáneos e alcaldes de barrio.
🆓 De balde para persoas xubiladas empadroadas en Monterroso.
🏫 Punto Limpo.
♻️ O Punto Limpo municipal abre hoxe venres en horario de 10:00 a 13:00 horas.
📺 O Concello de Monterroso dispón dun punto limpo para a xestión de residuos voluminosos, tales como electrodomésticos fóra de uso, televisores ou plásticos, entre outros.
🏫 Inspección Técnica de Agrícolas en Monterroso.
🚜 Do 2 ao 13 de novembro, no Mercado Gandeiro.
🕘 De 9:00 a 13:30 h e de 15:15 a 18:00 h. Os días 6 e 13, só en horario de mañá.
📞 Cita previa: 981 928 080 ou en https://t.co/21jUEmZCpm.
🏫 Actividades deportivas do Concello de Monterroso.
🤸♂️ O Concello de Monterroso inicia hoxe as actividades deportivas. Consulta na imaxe os horarios de cada actividade.
🏫 Entrégase unha vivenda de promoción pública en réxime de alugamento en Monterroso.
🔑 O alcalde, Eloy Pérez, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, asistiron á entrega das chaves á persoa adxudicataria.
🏫 Día grande das Festas de San Miguel de Monterroso.
🎉 Hoxe, día do patrón e festivo local, Monterroso continúa celebrando as súas festas.
☔ Haberá carpa para seguir as actuacións musicais.
🏫 Luns de Festas de San Miguel en Monterroso.
🎶 Esta noite haberá actuacións do Dúo D13 e da orquestra Compostela.
☔ Lembrade que hai carpa para seguir as actuacións musicais.
🏫 Festas de San Miguel 2026 en Monterroso.
🎤 O pregón inaugural de José Rojo, que reivindicou Monterroso como o seu "lugar no mundo", ocupa hoxe un espazo na prensa. O pregoeiro destacou a historia, as tradicións e a veciñanza da localidade.
🗞️ El Progreso, La Voz de Galicia.
🏫 Festas de San Miguel 2026 en Monterroso.
📖 As Festas de San Miguel gardan curiosas historias, como a do santo que un día "se foi de vacacións".
🗞️ La Voz de Galicia.
🏫 Festas de San Miguel 2026 en Monterroso.
🎉 O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, destaca as Festas de San Miguel como unha oportunidade para atraer xente á vila, favorecer os encontros familiares, dinamizar as rúas e apoiar a economía local.
🗞️ La Voz de Galicia.
🏫 Festas de San Miguel 2026 en Monterroso.
🎉 As Festas de San Miguel arrancaron por todo o alto en Monterroso cunha paellada que deu inicio a seis días de celebración.
🗞️ La Voz de Galicia.
🏫 Festas de San Miguel 2026 en Monterroso
🎉 Monterroso celebra seis días de festa na honra de San Miguel, cunha programación que se prolongará ata o mércores.
🗞️ La Voz de Galicia
🏫 Hoxe comezan as Festas de San Miguel 2026 en Monterroso!
🥘 Ás 22:00 h, paellada popular na Cúpula, seguida das actuacións de Luis Rey, DJ Rubén e DJ Aldán.
🎊 Desde o Concello de Monterroso desexámosvos unhas Felices Festas!