🟪 A Xunta lanza unha nova edición dos Bonos Talento Empresa dotada con 2,2 M€ para impulsar formación de curta duración e á carta do tecido produtivo.
https://t.co/poGJOt0UZ3
🟪 A Confederación Hidrográfica habilitou unha oficina en Monforte (A Pinguela, s/n) para consultas sobre os recibos do regadío do Val de Lemos.
🕘 De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h.
📞 988 399 402 / 408 | ☎️ 988 399 433.
🟪 Ata o 10 de xuño permanecerá aberto o prazo para anotarse no campamento de verán 'Coñece o teu Concello', organizado polo Concello de Sober e dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos.
📄 Achéganse as bases da convocatoria: https://t.co/eiHzDd6K7t
🟪 O teu kit de verán para coidarte… e coidar dos demais ☀️
Co bo tempo tamén chega o momento de protexerse máis e incorporar pequenos xestos que marcan a diferenza.
Coidarse no verán tamén é cuestión de hábitos sinxelos 💚
#sergas
"Era unha experiencia piloto e resultou moi positiva así que seguiremos poñendo en valor a área arqueolóxica de Proendos con festa romana anual o último sábado de maio", explica o alcalde do @ConcellodeSober facendo balance da I Floralia https://t.co/q81gkaq3jK
🟪✍ Continúa aberto o prazo para anotarse ao proxecto de Democratización do Coñecemento da USC. Trátase de formación universitaria para maiores de 50 anos. Para anotarse, poden facelo no Centro Sociocultural, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
🟪 Nos meses de xuño e xullo comezarán na Fundación Belarmino Fernández novas accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas, vinculadas aos sectores da restauración, bar e cociña.
⬇️ Máis información no seguinte enlace: https://t.co/g2B6XQIkpx