Aproveitamos o último día do ano para facer un fío recompilando todos os programas de tempada e, xa que estou inspirada, resumir cada un nunha palabra e unha emoticona💜
No tempo no que estivemos desaparecidas por aquí falamos do amor (o propio e o outro) sen deixar nunca de soñar forte. E, por se fora pouco, aproveitamos para achegarnos ao fútbol con Laura Rodríguez e ir de Festa ao turreiro con Ángela Carou
Boas xentiña!! A segunda tempada de Cristais de Meraki está chegando á súa fin e sabemos que vos temos un pouco (moito) desactualizados. Pero non vos preocupedes porque iso rápido se soluciona e nunca é tarde cando a dicha é boa 😇
Mañá a Galiza terá unha perda incalculábel: A desaparición de @SonDaRuaGZ
E isto non é banal. A banda de Ponteareas representaba todo aquilo que precisaba a terra para a súa dignificación e rexurdimento na cohorte na que máis forza necesitaba, a mocidade.
Explicámolo eiquí👇
Se queredes aprender máis sobre a menstruación, explicado por persoas que menstrúan, no último cap afondamos bastante sobre o estigma e o emprego da pílula como forma de aliviar as doenzas vencelladas á menstruación
🥳 Acabamos de rematar a xuntanza de finalistas dos XXI #PremiosMestreMateo e non podemos estar máis felices!
🔝 Aquí a nosa clásica foto de familia con todas as finalistas.
🔗 Toda a info: https://t.co/XEO2bgEocU
#AudiovisualGalego#TalentoGalego
Hoxe remata o entroido en moitos sitios, pero non hai que estar tristes porque sempre podedes escoitar o último episodio de Cristais de Meraki
https://t.co/750n9ZROtC
Como as cousas transcendentais da vida son mellores con humor, hoxe a @RevistaLuzes, como dixo a @claudiamoran90, converteuse no meu Hola! particular para anunciar cousas. Faltoume a reportaxe fotográfica no meu pazo de verán. E o pazo de verán. https://t.co/5EzjuXrrqE