🎼Lembra que está aberto o prazo de inscrición na Escola Municipal de Música @EMMStgo para o curso 2026/2027
👉Consulta as prazas dispoñibles e solicita a túa
⌛️Ata o venres 29 de maio
🔗https://t.co/dW5A7jVJS7
Un faladoiro especial con Olga Kirk, investigadora etnográfica, hoxe ás 20:00h na EMM descubriremos e poñeremos en valor o papel das mulleres na nosa tradición oral e musical.
Un encontro para escoitar, compartir e celebrar.
#EMM2025#MúsicaenCompostela#LetrasGalegas2025
Aberto o prazo de inscrición na EMM de Santiago de Compostela para o vindeiro curso 2025/26!!
Máis info aquí 👇
https://t.co/ISwwcjtl1n
@PazodeRaxoi@GorettiSRei
Esta tarde e mañá venres 20 de decembro, parte do noso coro de adultos da EMM participará no concerto da RFG formando parte do proxecto colaborativo con Coros de Galicia, interpretando a Gloria de Vivaldi e diferentes extractos do Mesías de Haendel. Moita sorte!
#EMM2024
👁️A campaña contra as Violencias Machistas do @PazodeRaxoi desenmascara a inacción como complicidade. Non mires para outro lado. Non é suficiente con non exercer machismo, tamén temos que actuar contra el.
Se non queres ser cómplice, mellor implícate
#NonMiresParaOutroLado#25N
📢🎶 ¡NOVO GRUPO DE MÚSICA E MOVEMENTO PARA NENOS/AS DE 3 ANOS! 🎶🎉
Unha actividade para desenvolver o ritmo, a coordinación e o amor pola música dende ben pequenos/as
Máis información: [email protected]
📞 636 979 527
🎶 ¡Voltamos á Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela hoxe 11 de setembro! 🎉🎻🎹
¿Listo/a para aprender, mellorar ou descubrir un instrumento? Aínda estás a tempo!
📅 Inicio: 11 de setembro
📍 Inscríbete agora! #MúsicaEnSantiago#EscolaMunicipalDeMúsica 🎵
Hoxe estamos moi cansas polo esforzo pero infinitamente máis felices despois dos festivais de MeM que celebramos o martes e o mércores no Teatro Principal. As familias arroupáronnos con entusiasmo e non quedou nin unha butaca libre. Moitas grazas a todas polo voso apoio! #EMM2024
A EMM vai realizar un obradoiro de mantemento e limpeza de instrumentos da familia de vento metal, o sábado 8 de xuño ás 11:00h cunha duración de dúas horas.
📌Inscrición no enderezo electrónico: [email protected] (indicando nome, idade, teléfono e instrumento)
No día de onte tivemos a inmensa sorte de contar coa visita da cantautora Sés, que veu á Escola para impartir un faladoiro. Moitas grazas a SES pola súa visita, e esperamos poder atoparnos pronto outra vez!
#EMM2024#MúsicaenCompostela @miriamlouzaof @gorettisrei@PazodeRaxoi