📢Este venres voltamos encher ás rúas en defensa da vivenda
Participaremos na manifestación convocDa pola Alianza pola vivenda Vigo. Contamos contigo ‼️
🗓️Venres 5 xuño
🕗20h
📍Praza dos Cabalos
A vivenda é un dereito, non un negocio✊
📢Vigo merece festas populares seguras, non parálise.
O Concello debe garantir control, inspeccións reais e apoio ás comisións de festas.
❌ A solución non é deixar os barrios sen atraccións, é facer cumprir a lei con responsabilidade.
https://t.co/RnYB0m8e5b
📢O lixo é un servizo público esencial.
E quen o fai posible merece condicións dignas.
Todo o noso apoio á folga indefinida do persoal da recollida de lixo a partir do 24 de maio ante o bloqueo do convenio por parte de FCC.
Artigo completo ⬇️⬇️
https://t.co/NNHLOUoWYM
Begoña Caamaño segue a formar parte da memoria viva desta cidade.
A lingua e os dereitos feministas volven estar cuestionados, a súa maneira de ver o mundo segue vixente: galega e feminista, inseparablemente.
https://t.co/Rp74wb2a9b
Neste día das Letras Galegas defendemos o galego como dereito, igualdade e futuro.
Perde falantes, sobre todo entre a mocidade, e faltan políticas públicas á altura.
Na memoria de Begoña Caamaño: hai palabras que serven para cambiar o mundo.
📢 Vigo con Palestina — Nakba 2026
🗓 Sáb. 16 maio · 20:00 h
📍 Oliveira, Paseo de Alfonso
Contra o xenocidio e o bloqueo de Gaza.
En apoio á Global Sumud Flotilla.
Vigo presume de potencia industrial, pero miles de traballadoras e traballadores do metal teñen que ir á folga para defender condicións dignas.
Algo non está funcionando.
É hora dunha Mesa Local da Industria.
https://t.co/L0ORSCP6Hp
A despregadura militar polo Día das Forzas Armadas xa está a ter consecuencias na vida diaria de Vigo:
❌instalacións deportivas pechadas
❌actividade paralizada
❌molestias para a veciñanza.
🗒️Le o artigo completo na nosa web https://t.co/fToDD3SiyK
Fronte á guerra, á precariedade e á inxustiza, organización e loita colectiva.
💪 Por unha sociedade máis xusta, solidaria e con dereitos reais para todas e todos!
📢 Este 1º de Maio, erguemos a voz por paz, teito e vida digna para a clase traballadora.
✊ Vivir en paz é ter traballo con dereitos, vivenda estable, igualdade real, servizos públicos fortes e un planeta habitable.
🌍
A rúa Pintor Lugrís segue pechada malia ter as obras rematadas. Máis de 1 quilómetro de volta o acceso á comisaría, oficina de emprego e Instituto Nacional de la Seguridad Social.
Esiximos apertura inmediata. Vai de servizo público, non de inauguracións.
https://t.co/A0A3998lZ2
A rede pública de bibliotecas en Vigo segue sendo insuficiente: só unha municipal operativa, proxectos sen consolidar e a Biblioteca do Estado aínda pendente. As bibliotecas son un servizo básico para a veciñanza.
👉 Le a análise completa na nosa web.
https://t.co/9B0fH3nBEn
🟥🟨🟪 14 de abril
95 anos despois, a República segue a falarnos de dereitos, igualdade e paz.
Lembramos a quen loitou e esiximos Verdade, Xustiza e Reparación.
A República non é pasado. É futuro.
Saúde e República!
https://t.co/rDHv9iDMAg
🇵🇸 Apoio á Flotilla Sumud Global🇵🇸
Volvimos encher as rúas de Vigo nesta manifestación organizada pola Plataforma Cívica Vigo pro Palestina á Flotilla que partíu este domingo para levar axuda humanitaria, protección á poboación civil e apoio á reconstrución en saúde e educación.
🔻Asemblea local 🔻
Coma sempre, espazo de escoita e debate para enfocar o traballo dos próximos meses. Esta tivo un matiz diferente, estamos a un ano das eleccións municipais.
Queres axudarnos a construir a cidade que merecemos? Todas somos necesarias ✊🔻
📢Defender a atención primaria é defender a túa saúde e a de todas📢
🗓️ Luns 13 de abril
🕚 11h
📍 Centro de Saúde Olímpia Valencia
SOS Sanidade Pública chama para defender a atención primaria:
❌Centros de saúde saturados.
❌Máis de 10 días de espera para unha consulta