Facemos unha pequena paréntese nas vacacións para felicitar, unha vez máis!!!, a nosa alumna @sanjurjo_andrea por recibir o Premio único de Poesía da súa categoría no XL Certame Terra Chá no Festival de #Pardiñas. Bravo!!!👏👏👏🤩
Ata aquí, o curso 2018-19 no Pontepedriña que, como vedes, foi “completiño”. Graciñas ao grupo #Leirabuxo por deixarnos empregar as súas cancións.
https://t.co/cFv6yu89Wl
#21dcgemais segue a darnos alegrías. Dirixida por Daniel Blanco, a sondaxe 21 días co galego e +, Funcionou no IES Pontepedriña? elaborada por Xalo Cámaras, Valentín Ferotti, Óscar Glez e Daniel Iglesias foi finalista no IX Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos #SGAPEIO.
Andrea Sanjurjo volveuno facer!!! Acaba de gañar o primeiro premio do VI Certame de Poesía Asociación Cultural Albariza de Artes e non é a primeira vez. Que orgullo de alumna!!!
E chegamos ao final. Foi un día de moitas emocións posto que se rendeu unha preciosa homenaxe ao profesorado que o vindeiro curso non estaremos neste estupendo centro. Moi poucas persoas puideron conter as bágoas. Falo en nome de toda elas: GRACIÑAS!!! https://t.co/Ig57EkYKUa
Quen non tiveramos ocasión de ver a obra "Porteira es ti", do grupo de teatro do centro dirixido por Fran Campos, puidemos vela representada. Parabéns polo grandísimo traballo realizado, xa que hai momentos que dan arrepíos. Paga moito a pena!!! https://t.co/j9HAbzYi79
Víctor Blanco (Dpto. Música) e Antonio Rivas (Dpto. Física e Química) puxeron a nota musical, mentres que Carlos Macho e Manuel Vidal (2º ESO) fixéronnos rir coa xa tradicional imitación dos "gorrillas".
https://t.co/bg20TCNVjB
Unha das actividades do festival de fin de curso que máis gustou foi a exhibición de capoeira, onde Erik Nascimento "Modelo" (Iandê Modelo Compostela) nos explicou as orixes desta ancestral arte marcial afro-brasileira. Foi un pracer tervos con nós! https://t.co/0OPim6Nkn1
Tivemos a fortuna de que a nosa prodixiosa e polifacética Marina Vidal Míguez impartise unha clase maxistral sobre música tradicional galega, coa axuda do alumno que todos os profes levariamos para a casa, Matías Munín. Canto temos que aprender! Bravo! 👏
https://t.co/T9L5g8yegb
Velaquí estamos Marisa, Martiña, Olalla e Raquel, a metade do Dpto. de Inglés. Faltan na foto Begoña, Christian, Jan, Mercedes e Víctor. Foi incrible a boísima relación que establecemos, que transcendeu o meramente profesional. Graciñas, de corazón, por un ano fantástico!
Tras días de moitos nervios, rematou a fatídica ABAU e o noso bravo alumnado cumpriu ata o final, incluída a xa "famosa" proba de Filosofía. Certamente, a nosa compi Marisa e o seu "survival kit" contribuíron a facer a tarefa máis levadía. Agora a descansar, que ben o merecedes!
Chegamos ao final dos premios do #IIIConcursoDeBooktrailersIESPontepedriña. O booktrailer gañador na categoría 16-18 anos corresponde á obra de Marcos @calveiro , O xardineiro dos ingleses, presentado por Artur Vázquez e Aarón Vilariño (IES Pontepedriña). Parabéns!!!