Unha nova Escola que nace da fusión da @EpsUdc e da @Eupferrol para dar unha mellor resposta aos retos actuais e futuros da sociedade e da industria. Síguenos en @epef_udc.
@CIT_UDC @UDC_gal@CIFerrol
A Xunta aproba a creación da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol por integración en Esteiro da @Eupferrol (Serantes) e a @EpsUdc (Esteiro).
A nova escola enmárcase no @CIFerrol, 1º campus de especialización acreditado do Sistema Universitario Galego https://t.co/MpIi4S00da
Iniciamos o Outubro Saudable 2021, que este ano organiza a EUDI. A asistencia poderá ser por TEAMS o de forma presencial. Toda a información en:
https://t.co/AOgaQ9sSiO
As rapazas e rapaces dos colexios de As Centieiras (Fene), Valle-Inclán 1 e Esteiro (Ferrol) pasárono en grande na súa visita ao @CIT_UDC no @CIFerrol da @UDC_gal
#BenvidaUDC A de hoxe está a ser unha mañá intensa! 😅😅😅 Pero ver ao noso estudantado posando así de orgulloso coa súa bolsa da UDC, a camiseta do CIF e a botella da Área de Deportes non ten prezo! Somos #ComunidadeUDC#CampusFerrol. Esperámosvos ata as 14:00 horas! @UDC_gal
Campaña de vacinación para a comunidade da UDC, alumnado (incluído o alumnado de mobilidade externo á UDC), persoal docente e investigador e de administración e servizos. Sen cita previa. Días 13 e 14 de setembro
Campus da Coruña
Lugar: EXPOCORUÑA, na localización de vacinación Covid-19 habitual. Estará sinalizado o acceso para o persoal da UDC sen cita previa. De 09h a 20h
Campus de Ferrol
Lugar: no andar 0 da Escola Politécnica Superior. De 09:30 a 14:30h. e de 15:30 a 20:30h
#GNight Quen dixo que as mates non son divertidas? Canto sabes sobre superficies regradas? Marco Campo e Miguel Brozos, investigadores da UDC, convídante a participar na Noite Europea das Persoas Investigadoras, o vindeiro 24/SETEMBRO, no #CampusFerrol 😉😉😉 @UDC_gal@GNight_gal
#ComunidadeUDC A profesora da Escola Politécnica Superior (EPS) e investigadora do Laboratorio de Aplicacións Industriais do Láser (LAIL), Ana Xesús López, elixida Secretaria Xeral da Real Sociedade Española de Física (RSEF). Os nosos parabéns! 👏👏👏@UDC_gal@EpsUdc@AmitGalicia
#OCampusNosMedios Ana Xesús López Díaz, profesora de Enxeñaría Mecánica na UDC e presidenta de (AMIT-GAL): “Hai unha preocupante e persistente perda de talento feminino a medida que se avanza na carreira científica” @UDC_gal@EpsUdc@AmitGalicia@Xunta @igualdadenarede
Investigadores do @CIFerrol desenvolven un proxecto de arrecife artificial sustentable. O investigador principal, Luis Carral, presentou o prototipo ao reitor, Julio Abalde, ás conselleiras de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e á do Mar, Rosa Quintana https://t.co/tYtUIWATxT
#EstudarNaUDC Na Xornada de Portas Abertas da Escola Politécnica Superior, os participantes puideron coñecer o laboratorio Robótica, o de Construcións Industriais, o de Química e a Canle de Ensaios Hidrodinámicos. Foi un pracer! Esperámosvos no #CampusFerrol! 🙂 @UDC_gal@EpsUdc
#OCampusNosMedios A UDC e a multinacional GHENOVA alíanse para crear unha Cátedra institucional especializada en industria 4.0. Estará ligada á EPS e dirixida polo profesor Luis Carral Couce @UDC_gal@GHENOVAofficial@EpsUdc Vía @diarioferrol https://t.co/uNS7JytojP