De onde proceden as actuais Terras da Estrada? Celenos (época romana), Contenos (reino suevo–galaico), comisso (condado) de Tabeyrolos (albores do @ReinoMedGalicia) e xa na baixa Idade Media xurisdición administrativa e eclesiástica, cos nomes de Taberiolus, Taberilus e Taveirós
11/ Falamos dunha paisaxe de paso e de memoria: mámoas que acompañan camiños, definen portelas, ocupan dorsais e converten o relevo nunha escrita antiga. Unha constante do megalitismo atlántico que na Estrada se conserva con forza sorprendente. ✨
10/ O Cabalar tampouco debe entenderse como unha illa. Cara a Ouzande, Chan da Quenlla, Matalobos e Alto da Cruz, e cara a Arca, Souto, Codeseda, Liripio, Sabucedo, Cerdedo e Forcarei, debúxanse corredores culturais e funerarios máis amplos. 🧭
Sempre digo que toda arquitectura e obra de arte ten un punto de vista xusto, e unha das cousas máis interesantes é buscar o lugar. O destes canzorros de san Miguel de Moreira é xusto este.
@navoltadafolla Paga moito a pena! Cando queiras, acompañámoste 😊. Á parte destes e outros elementos arqueolóxicos catalogados, ten unhas paisaxes espectaculares e divísase moito ao lonxe, incluída á túa Ribeira, cando está despexado.
A próxima vez que vexades un relevo raro no monte, un lombo sospeitoso ou unha acumulación de pedras, pensade dúas veces.
Igual non estades vendo “nada”.
Igual estades vendo 5.000 anos de historia. 👣
#SeixosBrancos#Parapeto#Arqueoloxia#Prehistoria#Galiza
📍Nigoi – Parafita, A Estrada
🪨 Seixos Brancos / A Lagoa + Túmulo do Parapeto
📚 Patrimonio arqueolóxico catalogado
🥾 Paisaxe megalítica en diálogo co Monte Cabalar
Non, isto non son “catro pedras no monte”.
É prehistoria. E segue aí. Fío 👇
Hai lugares que berran a súa importancia.
Este murmúraa.
E talvez por iso impresiona máis.
A historia profunda da Galiza tamén está aquí: entre o granito, a néboa e o que case ninguén mira. 💚