Santiago de Compostela GAA Club, Galiza. Gaelic football since 2013. Club de Fútbol Gaélico da Comarca de Compostela membro da AGFG.
Men's, and Ladies teams ✊
TODO OU NADA 📢
O noso equipo masculino xogarase o pase á Final Four do All Galicia ante @KeltoivigoGAC Estibadores este sábado ás 18:30. Non perdades este intensísimo duelo en Chaián!
O pasado domingo o noso equipo masculino venceu por 20 - 15 a @turoniansfg na primeira ronda da repesca do All Galicia. E fixérono con todo o estilo, estreando as camisolas que nos acompañarán nas próximas tempadas 💯
💥 Cita IMPRESCINDIBLE este domingo en Chaián 💥
O noso equipo feminino recibe ao Turonia/Independente no último partido da liga feminina. Quen gañe será coroado CAMPIÓN DE LIGA!
Achégate a Trazo este domingo ás 18h para desfrutar da cantina, o ☀️ e un partido espectacular 🎉
Achégase a hora! Este sábado terá lugar o I Torneo de Inverno "Terras de Trazo" de fútbol gaélico feminino. Estades todxs convidadxs a unha gran xornada de deporte 💪
✨ ESTRELA SUPERNOVA ✨
Os e as máis novas do gaélico terán o seu derradeiro adestramento do ano este xoves ás 17 horas no campo de Belvís.
Despois das festas chegará outro ano máis de solos, pases e tiros a paos! A polo último adestramento e ola 2022 🎉
DOBRETE DE GAÉLICO este domingo en Compostela 🏐🏐
⌚️ 16:45 Partido do tour de pretempada feminino
⌚️ 18:30 Xornada 4 do Campionato de Abertura masculino: Estrela Vermelha vs @KeltoivigoGAC
E despois, como non... terceiro tempo na @anavedevidan 🔥
💥 CHEGOU A VITORIA 💥
Onte o noso equipo masculino impúxose claramente ao Cambados FG na terceira xornada do Campionato de Abertura do @GaelicoGalego
A seguir remando, rapaces!
💥 XORNADA 3 💥
Estrela Vermelha VS Cambados FG
🕒 07/11 - 19H
📍 Campo de Conxo
E despois... terceiro tempo na @anavedevidan !!
Achégate desfrutar do #futbolcoasmans 🏐
Este sábado temos cita co gaélico feminino no campo das Cancelas!
Acolleremos a segunda das xornadas de pretempada, con adestramentos abertos e un amigable entre combinados de xogadoras galegas para seguir quentando motores 🏐
Hoxe os nosos rapaces estreáronse no Campionato de Abertura contra os @KeltoivigoGAC, nun duelo moi igualado que se decidiu nos minutos finais.
A vitoria escapou pero seguimos #avante!!
🏐 Volve a competición! 🏐
Este sábado os nosos rapaces viaxan a Vigo para medirse a Keltoi na primeira xornada do Campionato de Abertura da AGFG. Desexádelles xorte e que gañe o #futbolcoasmans!!
💥 CANTEIRA 💥
Voltan tamén os adestramentos do Estrela Supernova para xs máis mozxs!
Para máis información, non dubides en falarnos por mensaxe privada 📭
🚨 ADESTRAMENTOS ABERTOS 🚨
Vives preto de Santiago e apetéceche probar o fútbol gaélico? Únete a nos! 🏐
Se queres vir probar só tes que contactarnos por calquera das nosas redes ou visitar un dos nosos adestramentos.
Ven probar o fútbol coas mans, #atrevete!!
Hoxe sábado os nosos rapaces volven aos terreos de xogo. Encontro de pretempada contra os compañeiros de @EstrelaFg nun dos grandes clásicos do @GaelicoGalego.
Se te animas a vir de público, rexístrate aquí: https://t.co/o8h2ce3LFX