✅ Corpo Técnico!
Estamos moi felices de anunciar a continuidade do noso corpo técnico conformado por Diego Montero como adestrador, Mariquiña como segunda adestradora, Mareque como asistente e Paola como delegada.
(+)
Grazas a todxs xs colaboradores que participan cada ano nos sorteos que realizamos 🤗
Aqui vos deixamos xs gañadorxs dos derradeiros sorteos da tempada, agasallos cortesía de Clínica Dental Rueiro, @LosAngelesGas e Xuntanza de Empresarios de Ames 🎉
A Terra Meiga, sede da concentración de categoría biberón da @FutsalRFGF ⚽
O sábado 30, de 10:00 a 14:00, 13 equipos de categoría biberón xúntanse na nosa Terra Meiga para desfrutar dunha xornada de convivencia na que haberá sorteos e moito futsal! 🎉
Agardámosvos a todxs! 🥳
Cea de peche de tempada en @milongasparri para poñer a guinda final a unha gran tempada chea de grandes momentos e moitas vivencias.
Grazas a todxs xs integrantes do equipo pola súa entrega e traballo durante estos 9 meses! 😊
Do 20 de Maio ao 12 de Xuño, xornadas de portas abertas!
💙Alevín e Benxamín
▶️ Mércores 18:30 a 19:30 - P. O Milladoiro
▶️ Venres 18:00 a 19:00 - P. Bertamiráns
💙 Infantil e Cadete
▶️Mércores 19:30 a 20:30 - P. O Milladoiro
▶️ Venres 19:00 a 20:00 - P. Bertamiráns
⚽VALDETIRES FSF 4-4 FC MEIGAS⚽
A tempada remata cun empate nun derbi galego de moita intensidade e emoción cun final de infarto no que se anotarían 4 goles a falta de 1 minuto e medio para o final.
Parabéns ao @valdetiresfsf polo encontro e noraboa pola tempada☺️
🎙️ Diego Montero: Gustaríanos rematar a tempada gañando os 3 puntos
O míster @jdmonteroperol acompañado da segunda adestradora @mariaperezm7 e o asistente @luismareque7 analizan o encontro de hoxe en Ferrol na casa do Valdetires 😊
GRAZAS! 💙
A todxs xs que nos acompañastedes ao longo desta tempada e na festa do pasado sábado, fixestedes da Terra Meiga un lugar especial e máxico.
Esperámosvos a próxima tempada! 🫂
1/4