Quen dixo que a estribor
as ondas foran peixes ao asexo
escamada carnada
prevista para o lance
incluso sobre o limpo
todo no mar
é argazo
fronte á costa
["Atlántica luz". Modesto Fraga]
@os_de_R@Noah58367123 Todo o día sen internet. E iso que hoxe ía quedar todo solucionado ao longo do día. A factura chegará, iso seguro. Que decepción!
@os_de_R@romtolousse Todo o día sen internet. E moito me temo que así seguirá a cousa. Ao mediodía pasei pola tenda de R en Cee e dixeron que hoxe quedaba solucionado. Mentira. Non hai con quen contactar. Estamos abandonados.
@dinahosting Levo todo o día sen poder acceder a internet. Ao mediodía pasei pola tenda de R en Cee e dixéronme que ao longo do día se ía solucionar a incidencia. De momento seguimos igual. Nin unha mala palabra nin un bo feito. Onte todo o día sen luz e hoxe seguimos sen internet.
Artigo semanal 26.4.25 El Progreso de Lugo
(...) "Mais un tamén escribe —e debe facelo así, neste caso contra a dor dunha perda— por oficio, por obriga ética consigo mesmo, como forma de manifestación do oculto propio ou como unha ‘homenaxe’ —eu diría tamén ‘elevación’— que se transmuta nunha certa ‘poligrafía’ concibida como acto substancial de escrita".
Acompañando a Antonio Andrade na presentación do seu libro "Os cómaros da vida. Diarios 2020-2022" na Casa da Cultura de Corcubión. Sempre é un pracer coincidir co autor bergantiñán e gozar da conversa rodeado dos amigos. Repetiremos pronto.📚
📷: Concello de Corcubión
☕️ no compostelán hostal Suso, que xa visitaba cando era estudante na vella Filoloxía de Mazarelos. Atopo de camareiro un ex-alumno de Fisterra, Iago, que me pide que lle asine un dos meus libros de poemas 📚✍️ #cousabonita
Alta poesía. O vindeiro sábado visítanos Paddy Bushe, un dos grandes poetas irlandeses. Eire e Galicia, nacións celtas, tomarán a palabra. Lebor Gabála Éreen, Amergin e Breogán; as linguas célticas. Versos comarea. Desde Fisterra para o mundo.✍
#efemérides.
Tal día coma hoxe, o 30 de marzo de 1880, nacía en Sardiñeiro (Fisterra) Ramón Marcote, escritor e histórico bibliotecario do Centro Galego da Habana. En 1925 publicou unha #HistoriadeGalicia.
#BibliotecaDaFisterranía