Atención veciñas!
O GAM de #Ourense sirve para comunicar xente que pode botar unha man coa que precisa axuda.
Tes máis información de como colaborar no teu barrio en https://t.co/xgprlm3ms6 e a través do grupo de Telegram @gamourense.
O domingo 6 de xuño participa na "RuralizAcción", unha xornada convivio🌻☺️ no parque Barbaña en #Ourense, un espazo seguro para compartir experiencias desde o rural e a cidade, tecer comunidade🐾👣 e camiñando xuntas cara o decrecemento, tamén da man de Carlos Taibo
🌱🌳
Parar a emerxencia mentres construimos a soberanía alimentar. Coa idea de que cada quen aporte en función das súas posibilidades para que cada quen reciba en función das súas necesidades animámoste a facer unha colaboración. Todo suma.
#CaixadeResistencia
O obxetivo da #CaixadeResistencia nacida no Grupo de Apoio Mútuo de #SoberaníaAlimentar de #Ourense é sumar recursos á rede comunitaria que construimos para poder dar resposta inmediata á urxencia alimentar daquelas persoas ás que o sistema coloca en dificuldades.
O @GAMOurense➖Grupo de Apoio Mutuo de #Ourense pon a dispoñibilidade da comunidade diferentes medios para contactarnos e ofrecer axuda ás persoas que o precisen, durante o confinamento, en todo o territorio de Ourense cidade.
https://t.co/rR9TDxDvUP
👥💬 Podes axudarnos a distribuir este cartaz colándoo no teu portal, na rúa onde vives, no comercio onde fas a compra…
🙆 Canta máis difusión lle deamos a este servizo de axuda, a máis persoas chegaremos. Un pequeno xesto fai moito e máis nestes tempos de crise.
O Apoio Mutuo xa está a chegar os barrios!!!!!
👏🏿👏🏿👏🏿👏🏿
💪🏿🌱🥬 🙏🏿 A soberanía alimentar será posible se cremos nela e tecemos redes....
💗🙌🏿 Grazas Ximena e Paula polas sementes, as fresas, e as acelgas que van chegando a ista Terra do barrio da Lonia que nos vai medrando...
🤲🏿🌱💧☀️Coidando das prantiñas no Barrio de Mariñamansa até que acaden o tamaño que precisan para seren trasplantadas na aldea de Cerdeira, Xunqueira de Ambía
🤜🏽🤛🏿 As sementes das tomateiras déunolas, Juan un veciño migrado a Euskalherria que volve todos os veráns.
Están a ser días duros para moitas das nosas veciñas de #Ourense.
Por iso non para de medrar a solidariedade e o apoio mútuo tamén no ámbito psicoafectivo.
Por iso ponse en marcha o GAM de Atención Emocional.
Tes toda a información aquí:
https://t.co/1BSZPcYKmG
As fiestras, para dar ánimos.
Somos veciñas, non vixiantes
Que as xanelas lancen coidados e confianza!
Nin vixiancia nin castigo.
#NonVixíesCoida
https://t.co/UvsnL0qoTU