Ver fisicamente o que antes estivo na túa cabeza e logo viches na pantalla ou en follas din A4 é unha alegría enorme. Grazas a Edicións Positivas pola edición e ao @PazodeRaxoi por manter vivo o @SELIC_Festival. Por certo, reservade o voso exemplar na vosa libraría!
@BorxaGC@thelittletown Si, traspasaron o local en 2010. Os que "herdaron" o negocio, polo que ouvín, non souberon manter o nivel. Espero que as túas lembranzas sexan de antes de 2011! 😅
@BorxaGC@thelittletown Ola! É unha marabilla que aínda hoxe, despois de que os nosos pais se xubilaran hai xa 15 anos, a xente se lembre do Pobo. Un saudiño!
@PGonz8 Por iso son importantes contas como as túas, que dan información a xente que non lle importa cuestionarse o que dá por suposto. Parabéns e grazas por estar aí.
@PGonz8 O imaxinario colectivo aliméntase do que nos ensinan, do que vemos en pelis... Se sempre nos mostran unha historia europea branca, é normal que choque ver negros en batallas "de brancos". O que hai que facer é ter unha actitude aberta e sempre cuestionarnos o que sabemos.
O concepto rosaliano “estraxeira na túa patria” redimensiónase cando chegas a un centro educativo e a persoa coa que te sintes máis cómoda falando na túa lingua e co profesor estadounidense e galegofalante que coordina o equipo de normalización lingüística 🤪
Amigos, refrescade a páxina dos rinodicionarios porque hai un novo dicionario dispoñible: o Dicionario Complementario da Lingua Galega. Nel recóllense termos que non aparecen no DRAG, por seren moi novos, moi específicos de determinados ámbitos, etc.
Son paleofalante. Medrei e vivín con meus abuelos no rural e ensináronme o galego dende pequena. Era o único idioma que se falaba na miña casa. Cando tiña tres anos empecei na escola unitaria da parroquia e todos falabamos galego.
No medio da voráxine destes días de viaxes púxome moi contenta participar nesta reportaxe de @FragaXesus sobre os obstáculos cos que nos atopamos á hora de escribir un libro. Grazas por contar comigo❤️
https://t.co/6PXFgaLuAP
@chamademesimbad E parece que é algo interxeracional: onte na miña clase de 2º da ESO falamos do uso das tecnoloxías nas aulas e o 90% prefería un libro de texto físico ao ordenador. Algo terá o papel!
Veño lembrar que sigo a buscar traballo (dende hai un ano). A miña situación actual é a de non chegar a metade de mes, polo que unha opción algo menos precaria é unha opción. Teño un grao, dous másteres, diplomas de varias universidades e un sorriso enorme cando me pagan 🥰
A nova que gustaría ver para o galego e para a que moitas seguimos a traballar, porque acreditamos en que a forza do noso amor é posíbel.
El uso del euskera aumenta en Euskadi con 261.000 hablantes más que hace 30 años https://t.co/EQe3dupg9l a través de @deia_eus