Mulleres nun rancho de reis, Salceda de Caselas.
📷 Arq. muni. Salceda, c. 1960.
"Os tres camelos dos reis
ó chegaren a Galicia,
como non viron deserto,
morrían os tres de risa.
E, ó veren tanta auga
nos regatos e nas rías,
-Que catarro imos coller
como veña unha chovisca!
👇
Mulleres vendendo galos.
📷 Bene, c. 1950
En Vilalba ceban os capóns, durante 5 ou 6 semanas, para logo vendelos polo Nadal. Os capóns expórtanse dende principios do século XX a Madrid e Barcelona. En 1900 un par de capóns cebados vendíase a 10 ptas; en 1974, a 6.000.
✍️ M. Ferro
Equipo femenino de hóckey sobre herba do Club de Campo, Vigo.
📷 Magar, 1964.
Vigo destacou pola excelencia do hóckey sobre herba femenino, aportando varias xogadoras á selección española. Os primeiros equipos, fundados en 1932, foron: Vigo Hockey Club, Atlántida H. C. e Vértice.
Pandeireteira e violinista descansando na feira.
📷 A. D. 1917.
Unhas Letras Galegas, as de 2025, centradas sobre todo nas mulleres, principais creadoras e transmisoras da tradición oral.
Polas cantareiras, polas pandeireteiras... pola poesía popular.
Vivan as #LetrasGalegas2025
Muller facendo madeixas en Allariz.
📷 José Suárez, 1930.
Est'é o tempo d'estroupel'estroupele,
est'é o tempo d'estroupelear,
est'é o tempo de maza-lo liño,
est'é o tempo do liño mazar.
🖊️ Popular.
Traballadoras da Pontesa, Ponte Sampaio.
📷 A.D., c. 1965
Durante 4 décadas moitas mulleres da área de Pontevedra concentraron a súa forza de traballo na fábrica Pontesa, unha das máis avanzadas no comezo e protagonista de protestas laborais nos últimos anos.
🖊️Do gris ao violeta
Equipo feminino do Atlante, Vigo.
📷 Arq. Llanos, 1925.
Dous equipos femininos, o Atlante e o Bruselas Fémina Club (ambos de Bruxelas), de xira por varias cidades, disputaron un encontro en Coia. Segundo a prensa enchían os campos, especialmente de mulleres.
🖊️Cristina L. Villar.
Muller traballando na Farmacia Baltar. Padrón.
📷 Arquivo Familia Baltar, c. 1936.
"Non entredes, nenas, nunca
nas boticas da ciudade,
que nelas quitan o unto
ás roxas da vosa idade".
🖊️ Canción aldeá.
Muller nunha rúa de Combarro.
📷 Dieuzaide, 1961.
Os soportais das casas mariñeiras utilizábanse para gardar das inclemencias do tempo os útiles de pesca. Noutras ocasións usábanse como lugar para os postos de venda dos produtos ofrecidos por artesáns ou labregos.
🖊️P. de Llano.
Mulleres mercando e vendendo no mercado do Campo de Granada, Vigo.
📷 Arq. Pacheco, c. 1930.
Á esquerda da foto, diante da entrada á rúa de San Sebastián, atópase o chamado "Banco dos Contos", lugar onde os feirantes do antigo mercado se sentaban a facer números.
🖊️ Pedro Feijoo.
Mulleres fiando en Forcarei.
📷 Manuel Barreiro Ouro, 1951.
O fiadeiro é tamén un lugar de conversa. Por iso di a cantiga:
"Quen queira saber as cousas
vaia a forxa do ferreiro,
de a volta polo forno,
veña polo fiadeiro".
🖊️ Popular.
Mulleres con cestas na cabeza diante da rúa Carral, Vigo.
📷 A.D., c. 1900.
Para as súas compras e vendas, estas mulleres adoitaban levar os cartos na faldriqueira ou farraca. Unha especie de bolsa de tea que levaban agochada baixo a saia ou o refaixo.
Mulleres despedindo emigrantes.
📷 A. Martí, c. 1960.
O emigrante, alá onde estea, sempre estraña unha cousa invariábel: o lugar natal, o país de orixe. Todo o seu presente seméllalle momentáneo: a estadía, o traballo... A súa mente incuba a cada intre ideas de retorno.
🖊️ X.G.G.
Mulleres vesando unha leira, Pontevedra.
📷 A. D., c. 1900.
Eran as vesadas o nome co que nalgúns lugares de Galicia se denominaba a tarefa de botar unha veiga de millo ou patacas. Este labor facíase ao ritmo dos cantos e aturuxos que marcaban as participantes.
🖊️ Calixto Albán.
Nenas paseando cos xoguetes.
📷 Bene, c. 1950.
Ata a chegada da Mariquita Pérez (1940), as bonecas eran de trapo, de celuloide e, as máis exquisitas, de china. Pronto outros fabricantes competiron e apareceron Gisela, Cayetana (pola duquesa de Alba), Mariló...
🖊️ Gonzalo Allegue.
Melchor toca unha gaita,
Baltasar un tamboril,
o Gaspar, que non é músico,
alumea cun candil.
(Recollido no Couto de Outeiro, Mondoñedo, por Carlos Gómez)
Mulleres nun rancho de reis, Salceda de Caselas.
📷 Arq. muni. Salceda, c. 1960.
"Os tres camelos dos reis
ó chegaren a Galicia,
como non viron deserto,
morrían os tres de risa.
E, ó veren tanta auga
nos regatos e nas rías,
-Que catarro imos coller
como veña unha chovisca!
👇
Muller tocando o bombo, Vedra.
📷 Arquivo CCG, c. 1955.
Aos instrumentos gaita e tamboril, chegou a engadirse outro, o bombo, nalgunhas comarcas de Galicia. Pero deste non se fala nos antigos contratos, o que fai supoñer que debeu introducirse en época moderna.
🖊️Paco del Riego.
Muller baixo un alpendre.
📷 Carlos Valcárcel, c. 1970.
"Xaneiro xiadeiro,
febreiro escarabanadeiro,
marzo amoroso, abril chuvioso,
maio ventoso,
San Xoán caloroso,
que fai o ano formoso".
🖊️Popular.