🩵 Neste 25 de xullo voltamos berrar pola nosa identidade, que nos fai ser quen somos.
✊🏼 En tempos de patriotismos impostos e bandeiras oportunistas, seguimos reivindicando a nosa lingua, a nosa cultura e as nosas raíces.
⚔️ Orgullosos e orgullosas de defendermos o noso.
TDB
Máis identidade. Máis Celta 🩵
Unha colección creada desde o que nos fai únicos: as nosas cores, os nosos símbolos e o noso escudo.
Xa dispoñible en https://t.co/u5DcpLkP6F 🛍️
🩵 Da Madroa á Segunda División.
🔥 Unha tempada inesquecible culminada cun ascenso merecido.
⚔️ Talento, traballo e identidade: así se constrúe o futuro.
TDB
[COMUNICADO] Fin do camiño europeo do Celta.
O Celta pon fin ao seu camiño na UEFA Europa League tras caer nos cuartos de final ante o SC Freiburg.
Péchase así unha aventura europea marcada pola ilusión, o compromiso inquebrantable de todo o equipo e, sobre todo, pola fermosa comunión cunha afección que sempre estivo ao seu carón.
Volver a Europa xa foi, en si mesmo, un gran logro. Un obxectivo construído durante a pasada tempada grazas ao esforzo dun grupo que nunca deixou de crer. Esta edición da Europa League permitiunos recoller os froitos dese traballo e reencontrarnos con esas noites que fan do fútbol algo especial. Abanca Balaídos volveu brillar como nunca, toda a cidade se envorcou co equipo e o escudo do Celta percorreu cada recuncho do continente.
Hoxe remata esta travesía, pero queda o orgullo por un equipo cargado de talento Feito na Madroa que nos lembrou cada día, en cada partido, que os soños se constrúen traballando, crendo e sentíndoos con tanta forza que ninguén poida arrebatárnolos. Eles, xunto co resto dos seus compañeiros que fixeron seus os valores celestes, representaron como se merece este club, dérono todo sobre o céspede e nunca, nunca, estiveron sós.
Porque, se alguén marcou esta aventura europea, fostes vós. En cada cidade, en cada estadio, sempre houbo unha bandeira, unha bufanda, un corazón celeste ou milleiros… lembrándonos que detrás deste equipo hai unha gran familia. Acompañástesnos por toda Europa e fixestes sentir a todo o plantel o orgullo e a responsabilidade de representar o celtismo. Por todo iso, o Celta quere darvos as grazas, de corazón, porque cada desprazamento, cada xesto de apoio e cada alento foron parte fundamental deste camiño.
Hoxe péchase unha etapa, pero o vivido non remata aquí. Todo o contrario. As bases seguen estando máis fortes ca nunca, cun equipo novo, con talento e con raíces que seguirán medrando na Madroa e que representan o presente e, sobre todo, o futuro deste club. Seguiremos mirando cara adiante orgullosos do construído e convencidos de que estes piares sosterán todo o que está por vir.
Porque as noites europeas volverán. E, cando o fagan, volveremos a vivilas xuntos.
Sempre Celta! 🩵
✊🏼 O celtismo leva o sufrir e o crer con orgullo.
😉 Non poucas veces temos calado a quen nos daba por mortos.
🪶 Unha nova páxina da nosa historia agarda por nós.
CRER. LOITAR. VENCER.
TDB