🎨🏥O alumnado de 1º de Bac de Artes foi convidado a un acto no Hospital para poñer en valor o seu traballo no deseño do logotipo do 40º aniversario do centro.
A directora do hospital, María José Cortés, destacou a calidade das propostas e agradeceu o esforzo e a implicación. 👏
✨ Un grupo do ciclo de Coidados Auxiliares de Enfermería participa estes días nunha mobilidade Erasmus+ VET KA-121 en Portugal. Durante a estancia visitarán Chaves e Braga, vivindo unha experiencia internacional inesquecible. 🌍🇪🇺🇵🇹
#ErasmusPlus#ErasmusVET
Dentro do programa #AcordamosConvivir, alumnado, profesorado e familias participaron en formacións sobre dinámicas restaurativas impartidas por Noelia, da cooperativa Atalaias, para aprender a escoitar, expresar emocións, resolver conflitos e coidar os vínculos 🤝✨
📍O alumnado de 1º ESO participou no Correlingua en Ribadeo🧡
Manifesto, andaina polas rúas da vila e actividades lúdicas nunha xornada de convivencia, diversión e reivindicación da nosa lingua, na que o alumnado tamén participou con materiais elaborados nas clases de Lingua💬
✨Hoxe demos a benvida a Viktorie e Stepanka, alumnas procedentes da República Checa que participan no programa Erasmus+ de intercambio de longa estancia.
Estarán con nós ata finais de xuño, incorporándose á vida académica e cultural do centro.
Benvidas á nosa comunidade! 💙
📚 AXUDAS MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO DE LIBROS
Curso 2026/27
📌 Aberto o prazo para solicitar:
✔ Axudas para material escolar
✔ Participación no fondo solidario de libros de texto
ℹ Máis información:
https://t.co/6OYUsi9ZcC
🎬 Noraboa a Carla e Cristina por ser finalistas no festival de curtas escolares Olloboi!
A súa obra “A Metamorfose”, baseada en Kafka, é un traballo de videoarte realizado na materia de Cultura Audiovisual (1º de Bac).
Podedes vela en: https://t.co/We07heAa0G
Moita sorte! 🍀
🌱O alumnado de 2º da ESO visitou a UDC dentro do programa A Mariña Sustentable, onde puido coñecer diferentes proxectos e iniciativas sobre sustentabilidade.♻️🌍A actividade completouse cunha visita ao Acuario da Coruña 🐠
Unha xornada moi enriquecedora, chea de aprendizaxes 💚
💬 O alumnado de 1º da ESO participou nunha charla sobre ciberseguridade 💻🔒 e o de 1º de Bacharelato asistiu a unha sesión sobre adiccións con substancias 🚭⚠️, ambas impartidas por Ramón do Plan Director da Garda Civil para a convivencia e seguridade nos centros educativos.
✨ O alumnado de 1º da ESO participou nunha charla sobre integración e diversidade da man de Emma Gala, peruana e veciña de Burela, que compartiu a súa experiencia migratoria. 🌍💬
A actividade contou tamén coa participación de Conchi, do Departamento de Inmigración do Concello.
🎓✨ O pasado xoves celebramos a graduación de 2º de Bacharelato.
Unha tarde chea de emocións, discursos, música, entrega de orlas, risas e moita ledicia compartida 💙 A celebración continuou na cea e na festa para despedir unha etapa inesquecible.
Moitos parabéns e moita sorte!
🎓🌍 A semana pasada fixemos entrega dos diplomas ao alumnado participante no Programa Erasmus+ 2024-26.
Parabéns a tod@s por formar parte desta experiencia única de aprendizaxe, intercambio cultural e crecemento persoal. 💙✈️
#ErasmusPlus#iesmontecastelo
📚✨ BEGOÑA EN ESMELLE ✨📚
🤔 Que sabes sobre Begoña Caamaño, Circe ou Morgana?
💡 Estes días celebramos as #LetrasGalegas2026 cun pasatempo creado polo EDLG e recomendacións lectoras dende a biblioteca 📖
🎁 Aprender, xogar e descubrir a nosa literatura! 💙
🌸📚 Actividades Letras Galegas 📚🌸
O pasado venres vivimos unha xornada moi especial 💜
Fixemos un obradoiro de chapas e gozamos da música de 🎶 Uxía Senlle, adicada a Begoña Caamaño.
Unha actividade chea de creatividade, cultura e orgullo pola nosa lingua 💙
📚🎨 Biblioteca creativa: obradoiro de libro expandido
Lucía Romaní que impartiu un obradoiro no que combinou reflexión e creación artística arredor do libro de autor e o libro expandido, inspirándose en textos de O infinito nun xunco, de Irene Vallejo.
Grazas Lucía por vir!
⚽🏅 Special Olympics Galicia visitounos hoxe para presentar ao alumnado de Ensinanza e Animación Sociodeportiva o programa “Impulso do voluntariado nas actividades de ocio e deporte para persoas con discapacidade intelectual”.💙
👏 Grazas por compartir con nós esta experiencia.
Entregamos os premios aos mellores traballos presentados ao concurso de bookface que organizou a biblioteca para o Día do Libro:📚📸
Noa Bastida e Hugo Rivas (2ESO)
Jimena García (4 ESO)
Alexandra Vivíanne Correia (3ESO)
Parabéns a todos!👏👏👏
🎨 Presentamos o cartel gañador da exposición dos proxectos da Microrrede de Bibliotecas da Mariña.
👏 Parabéns a Martín Barcia Álvarez e ao alumnado de 2BAC Artes polo talento e creatividade demostrados, coordinado polo profesor César Losada.
💜 Grazas á @microrredemarina
Quen é quen?📚🤔
O profesorado tamén preparou os seus bookface para o Día do Libro.
Agora toca adiviñar quen é quen?
📮Participa no reto deixando a túa aposta no buzón da entrada da biblio.
✍️Non olvides indicar o teu nome e curso.
🎁A papeleta con máis acertos, terá agasallo!
O 30 de abril tivo lugar en Burela o I Congreso da Infancia e a Adolescencia, unha xornada moi especial organizada pola Fundación Expomar que puxo o broche final a varios meses de actividades centradas no mar e na vida mariña, nas que participou o alumnado do noso centro🐬🐟🐙🦀