NOVAS DE ÚLTIMA HORA!! 🎥💜
Con moita ledicia comunicámosvos que se vai celebrar o IV MUFEST de forma online, ao acceso de todas e todos nós!
Publicaremos máis información proximamente, estade atentas...
VOLVE O IV MUFEST!!🥳
Suspensión IV MUFEST. Festival cine feito por mulleres, por indicación das autoridades.
Agradecemos a todas as persoas, empresas e institucións que colaboraron neste festival que retomaremos cando as condicións o permitan.
18 filmes, un encontro de festivais de cinema feito por mulleres, un obradoiro de contrapublicidade feminista, unha mesa redonda sobre o sector cinematográfico galego e unha super festa de clausura coa A banda da Loba e Pan Sen Fron.
De balde e libre acceso.
Contamos contigo?
Presentámosvos o programa do IV MUFEST!!
Do 10 ao 14 de Marzo contaremos coa proxección de 18 filmes feitos por mulleres a nivel internacional, con 2 mesas redondas que darán lugar ao debate e á reflexión e con moitas máis sorpresas!
Preparadas??
#mufest#women
Estamos a traballar arreo para que contedes con toda a info para o MUFEST-IV.
A semana pasada gravamos ás actrices Monica García, Patricia de Lorenzo e Antia Vidal na Casa das Mulleres Xohana Torres para unha pequena peza de difusión...
Atentas as vosas pantallas!
Lembrámosvos que hoxe comeza o período de inscrición ao noso Obradoiro. Xa vos podedes anotar a este curso de creación de contrapublicidade feminista, impartido por Renata Otero.
Rapazas e rapaces de todas as idades, estámosvos esperando! 🎬
Traémosvos unha nova proposta...
Un curso de iniciación á creación de contido audiovisual, impartido por Renata Otero! É de balde!
Paga a pena botarlle un vistazo, de aquí van salir cousas moi chulas! Quen se atreve?
#mufest#FilmFestival#women#Compostela
Onte pechamos o período de inscrición con arredor de 700 filmes enviados dende todo o mundo: España, EEUU, Francia, Italia, Reino Unido, Grecia, Brasil, México, Arxentina, Irán, Turquía e Rusia, entre moitos outros.
Estades listas??
Comezamos a conta atrás... Ídevos preparando!!
Este é un ciclo de diferentes xornadas nas que participan mulleres profesionais do eido audiovisual como Renata Otero, Mar Caldas ou Andrea Costas. Dende o MUFEST celebramos esta proposta que da visibilidade a creadoras audiovisuais!!
Traémosvos unha nova proposta...
Un curso de iniciación á creación de contido audiovisual, impartido por Renata Otero! É de balde!
Paga a pena botarlle un vistazo, de aquí van salir cousas moi chulas! Quen se atreve?
#mufest#FilmFestival#women#Compostela
O MUFEST non é só un festival cinematográfico, senón tamén un espazo de encontro e reflexión!
Pretendemos visibilizar a precaria situación da muller no mundo audiovisual
#mufest#FilmFestival#women#compostela
Podédesvos crer que xa recibimos máis de 600 filmes?! Chégannos de parte de mulleres de toda España e alén das nosas fronteiras!!
Ídevos preparando... Isto promete!!
#mufest#women#filmfestival#santiagodecompostela
Recordámosvos que o período de inscrición segue aberto!! Tendes ata o 10 de Xaneiro para enviarnos os vosos filmes!!
Esperámolos con moita ilusión!!!
#mufest#women#filmfestival#santiagodecompostela
Boas! Hoxe vimos con novas...
Confirmámosvos os lugares nos que se vai a celebrar esta IV edición!! O MUFEST vaise celebrar do 10 ao 14 de Marzo no Museo das Peregrinacións e no Teatro Principal de Santiago de Compostela!
Agardámosvos!!
#mufest#women#filmfestival#compostela
Primeira colaboración do MUFEST: a zoqueira galega internacionalmente coñecida Elena Ferro!!
Ela, de forma altruísta, deseñou en exclusiva as estatuíñas para a IV Edición do festival.
Nós non podemos estar máis felices de contar coa súa aportación!
#zocas#eferro#mufest#women
IV MUFEST Aberta a convocatoria para recibir filmes!! Tes ate o 10 de Xaneiro para mandar a tua obra!
Usa o seguinte enlace: https://t.co/aMBBshx2Un
IV MUFEST Open to Submissions! Send your movies before January 10th!
Link: https://t.co/aMBBshx2Un
#mufest#women#Filmmaking
Tras tres edicións e unha pequena pausa voltamos con máis forza!
Non perdas a oportunidade de ver películas feitas por directoras, escritoras ou produtoras.
Espazo de encontro, diálogo, cine e reflexión.
Traemos a Compostela cine do mundo feito por mulleres do mundo! Preparadas?