TEMPORADA 2026/2027
Na previa do Dépor vs Elche deste luns 17 daremos comezo á nosa campaña de renovación / novas altas de socios e socias do Colectivo.
Esta temporada temos dous agasallos coa compra do voso carné para que escollades o que máis vos gusta: bufanda ou bandeira.
⚠️ Atención ⚠️
🔊 Durante o día de mañá publicaremos as instrucións para que vaiades cubrindo as diferentes reclamacións diante das institucións correspondentes. Estade atentos e forza 💪🏼. Xuntos conseguirémolo !!!
O Dépor convocou hoxe ás 11:00h AM os medios a porta fechada para adoutrinalos cando aínda non falou cos afectados destas normas abusivas, nin sequera falaron delas publicamente e non mostraron intención ningunha de rectificar.
Vémonos ás 20:00h con máis forza se cabe.
Onte foi a quenda de Maratón Inferior. Hoxe tócalle pasar por caixa a toda a afección.
Entendemos unha actualización dos prezos, pero as subas que superan o 60% están totalmente fóra de lugar.
Coidar o deportivismo é respectar a quen nunca deixou de estar.
O Dépor somos nós.
Onte foi a quenda de Maratón Inferior. Hoxe tócalle pasar por caixa a toda a afección.
Entendemos unha actualización dos prezos, pero as subas que superan o 60% están totalmente fóra de lugar.
Coidar o deportivismo é respectar a quen nunca deixou de estar. O Dépor somos nós.
Este sábado o noso Colectivo puxo fin a unha temporada histórica, e fixémolo festexando coa nosa xente.
Moitas grazas a todos os que viñeron á festa, e á xente que co seu traballo fixo posible que saise todo adiante.
Agora a descansar. Felices vacacións. NUNCA DEIXAREMOS DE CRER.
Onte foi un día histórico para o deportivismo e para o noso Colectivo. Despois de 8 anos CAMIÑANDO xuntos apoiando ao noso Dépor, CHEGAMOS AO NOSO DESTINO.
O PUTO DÉPOR ESTÁ DE VOLTA.
Desde o noso Colectivo queremos amosar o noso máis profundo pesar polo falecemento de Juan Hermida. Toda unha vida de fidelidade adicada ao seu Deportivo. Xente como Hermida fixeron a este club grande. Condolencias para amigos e familia. Grazas por ser un exemplo de deportivismo
A Copa Eterna, a Copa que cen anos durará, a Copa máis intensa da historia e que encheu de ledicia infinita a todo o deportivismo. Hoxe hai 24 anos conquistamos o Bernabéu. Parabéns a todos aqueles que aquel día choraron de alegría polo Dépor.
Despois do gran partido de Champions League disputado polo Liceo, mañá chega outra cita clave para os de verde e branco diante do Barça.
Queremos animar a toda a xente a acudir ao Pavillón dos Deportes e apoiar sen descanso ao Liceo para conseguir os 3 puntos.
LICEO A GAÑAR!
Moitísimos parabéns para os nosos amigos da @pdeporarousa polo seu 30 aniversario. O voso deportivismo énchenos de orgullo e demostra que a forza do sentimento branquiazul conquistou toda Galiza.
Os lumes matan. A falta de prevención e de medios fan deles unha traxedia ambiental, pero tamén social e cultural, destruíndo a nosa terra e a nosa esencia. Unha vez máis, todo o noso apoio aos que seguen na loita e aos que o perderon todo.