Unha alumna con discalculia e dislexia terá que repetir por falta de profesorado que atendera as súas necesidades educativas.
Non fallou ela. Fallou a Xunta de Rueda.
Esiximos máis profesionais de PT e AL desde o primeiro día de curso.
🏥 A falta de planificación da Xunta tamén cancela tratamentos de rehabilitación.
Pacientes do Hospital de Conxo quedaron sen cita ata despois do verán.
❌ Esiximos cubrir todas as substitucións. A saúde non pode esperar nin seguir sufrindo máis recortes.
��� O noso máis sentido pésame polo falecemento de Ana Castro, concelleira de Padrón.
Acompañamos no sentimento á súa familia, amizades, compañeiros e compañeiras, e a toda a veciñanza de Padrón.
Descanse en paz.
Queremos un Santiago que funcione.
Con bos servizos públicos, barrios coidados e espazos pensados para as persoas.
Unha cidade máis cómoda para vivir e da que nos sintamos orgullosos. #OrgullodeCompostela
Rueda non pode pedir fondos para a educación e boicotear o seu reparto.
O plante do PP bloquea 31 millóns para a FP e frea o Plan de Educación Inclusiva.
Esiximos que rectifique. A educación galega non pode pagar a súa confrontación.
https://t.co/eOQZHWq6BA
Cumprimos con Santiago. A declaración de zona tensionada é un paso decisivo para afrontar o reto da vivenda en Compostela.
Grazas, @isabelrguez, por unha política útil que dá respostas e abre oportunidades.
Traballamos por unha cidade onde vivir e construír un proxecto de vida.
🚖 Dous anos de demora para un servizo esencial son inaceptables.
O Goberno de Sanmartín aprobou por fin o concurso para conceder 29 novas licenzas de taxi.
Agora xa non valen máis escusas: esiximos ao Goberno de Sanmartín e á Xunta de Rueda que aceleren a tramitación.
🏛️A caída da escultura de Rubén García Juncal en Rodrigo de Padrón non é un accidente,é consecuencia da falta de mantemento
En marzo aprobouse no Pleno, a nosa proposta de restaurar os elementos escultóricos deste ámbito
A señora Sanmartín non cumpriu e o resultado está á vista
Na tradicional ofrenda floral a Rosalía de Castro no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres.
Unha homenaxe a quen deu voz a Galicia e deixou un legado inmorrente para a nosa lingua, a nosa cultura e a nosa identidade.
Hai persoas que forman parte da alma dunha cidade. Ghaleb Jaber Ibrahim é unha delas.
Foi un pracer acompañalo esta noite nun pregón que falou de Santiago desde o agarimo, a gratitude e a convivencia.
Boas festas, Compostela!
Quero devolverlle a Santiago o liderado que lle corresponde. Que a nosa cidade volva marcar o paso.
Un Santiago que, cando fale, Galicia escoite.
En @copesantiago.
Pequeno recordatorio para o PP de Santiago: no acordo da moción que presentamos dende o PSdeG tamén vai incluído que o estudo da Xunta debe estar rematado antes de que finalice o ano.
Que non se vos esqueza esa parte. 😉
Ambientazo a pasada noite na Praza Roxa de Santiago!
Unha cidade entregada para animar á nosa selección e celebrar un novo Mundial.
Parabéns aos campións do mundo por seguir facendo historia e inspirando a tantas xeracións. Orgullo enorme! 🇪🇸⚽🏆
📌 Que levamos ao Pleno de xullo?
Seguimos levando ao Pleno propostas, mocións, rogos e preguntas para mellorar Santiago, defender os intereses da veciñanza e reclamar solucións para os problemas do día a día.
🧵👇
🚗 Hoxe levamos ao Pleno unha iniciativa para deixar atrás os atrasos do aparcadoiro do CHUS.
Santiago non pode seguir esperando por unha infraestrutura imprescindible para pacientes, familiares e profesionais.
Despedimos a Javier López Iglesias, unha persoa fundamental na defensa do rural galego e no camiño de Unións Agrarias.
Un compañeiro comprometido e un bo amigo que deixa unha fonda pegada nos socialistas de Santiago.
Unha aperta enorme aos seus seres queridos. Descanse en paz.
🖤Lamentamos fondamente o falecemento de Javier López Iglesias, histórico defensor do medio rural e do sindicalismo agrario, e compañeiro da nosa Agrupación.
O noso máis sentido pésame á súa familia, amizades e compañeiros e compañeiras de Unións Agrarias.
Descanse en paz.
Santiago necesita un Concello que sexa aliado das empresas, non un obstáculo. Hai que eliminar atrancos e acompañar a quen inviste, emprende e crea emprego.
Grazas á Asociación Empresarial do Tambre por compartir as súas propostas e visión de futuro.
#SantiagoCapital