Grazas a todas as persoas que estiveron con nós nestes 5 anos e que nos deron o seu apoio. Os resultados son malos, perdemos a representación en Europa e toca dar a batalla noutros contextos. Grazas de novo ás máis de 15.000 persoas que nos votaron. Seguiremos na loita.
🔴AO VIVO | 26M | Lidia Senra, candidata de En Marea ao Parlamento Europeo, votou en Vedra. "O Parlamento Europeo parece que está moi lonxe, pero é unha institución que toma moitas decisións que nos afectan", advertiu https://t.co/BsE0omdztE
Eu xa votei! Nas #ElecciónsEuropeas xogámonos o futuro do sector agrario, pesqueiro, clase traballadora, pensións, medio ambiente, dereitos humanos... En todos os colexios ten que haber papeletas de @En_Marea@CompromisoEU Se non as hai, pídeas na mesa https://t.co/X7g1Vuh77e
Agardo que este domingo todas as persoas acudan a votar sendo conscientes de que na UE se deciden cuestións fundamentais que afectan á vida das persoas. Hoxe, toca estar coa nosa xente, facer a compra, descansar e reflexionar. Que todas teñades un día bo! https://t.co/z2MlEOfmDS
Bo día desde o Mercado do Alimento Labrego dos Tilos, en Teo. Se tedes ocasión de pasar por aquí, non o dubidedes. Facendo a compra apoiando o mercado local é onde sempre estiven e estarei. Unha aperta e que todo o mundo reflexione ben para mañá afrontar as #ElecciónsEuropeas 😚
A Política Agrícola Común é a responsable de que a xente nova non queira vivir nas aldeas. Nos próximos 5 anos hai que loitar por unha PAC que preserve o medio rural e faga fronte ao cambio climático coa agroecoloxía
#VotaLídiaSenra#ANosaVozEnEuropa@En_Marea@CompromisoEU
O domingo xogámonos moito. A maioría das decisións que nos afectan ás galegas se deciden en #Bruxelas. Algo que a maioría da xente descoñece. Por iso facemos un chamamento á participación non só nas #Municipais senón tamén nas #Europeas para ter #ANosaVozEnEuropa@LidiaSenra