🙌 Poñemos en valor o talento da mocidade galega para o deseño de proxectos cos que mitigar os efectos do cambio climático
🌎 A conselleira @Anxeles_Vazquez salientou o papel das novas xeracións na innovación e sostibilidade climática
🔗 https://t.co/QUvBTr0KPa
♻️ Consolidamos un modelo integral de xestión de residuos baseado no apoio aos concellos, a concienciación cidadá e a aposta pola dixitalización
🗣️ Mª José Echevarría destacou hoxe no @Par_Gal que se trata dun modelo flexible e adaptado ao territorio
🔗 https://t.co/m5hl884gJP
💨 Non podemos permitir que Galicia siga atrapada nun bloqueo permanente cando é máis necesario que nunca acelerar a producción de enerxía renovable
📺 A conselleira @Anxeles_Vazquez explicouno hoxe en @TVGalicia: "Cada megavatio non producido é unha oportunidade perdida"
🌿 No Día Mundial do Medio Ambiente, queremos poñer en valor a natureza que nos inspira, nos protexe e nos impulsa a avanzar
🫂 Unha forza silenciosa que nos acompaña cada día e que fai posible todo o que somos e o que queremos ser
🌐 Seguimos avanzando no marco do proxecto europeo SystR para identificar os riscos climáticos para Galicia e ofrecer solucións adaptadas ao territorio
🗓️ No encontro técnico celebrado hoxe constituímos o Panel Rexional e avanzamos na posta en marcha do Climate Innovation Hub
💧 A través de #AugasDeGalicia colaboraremos na modernización da ETAP de Baiona, que atenderá a 30.000 persoas
✍🏻 Hoxe @Anxeles_Vazquez e o alcalde da localidade asinaron o convenio para executar a actuación, que conta cun investimento de 2,7 M€
🔗https://t.co/Y5ZbWImdol
🤝 A conselleira @Anxeles_Vazquez reuniuse coa alcaldesa de Trazo para avanzar na mellora da área recreativa de Chaián
🌳 A actuación contempla, entre outras cuestións, a plantación de árbores e arbustos nunha illa inundable para crear espazo de sombra
🔗https://t.co/uYfgAavkVv
Día de inestabilidade atmosférica sobre #Galicia
🔹Chuvascos entrando polo noroeste🌦️
🔹Ceo parcialmente nubrado🌥️
🔹Alternancia de nubes e claros pola tarde🌤️sen descartar algún chuvasco
🔹Temperaturas en descenso📉15ºC-20ºC en xeral.
Seguimento do radar📡https://t.co/VspUaQXdrv
♻️ A colaboración do tecido empresarial na recollida de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos é clave para acadar a economía circular
🤝 Así o sinalou @Anxeles_Vazquez na reunión coa Asociación de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos
🔗 https://t.co/QauzSEMHfk
💧 Investimos 5 M€ para avanzar na dixitalización da xestión da auga e facer máis eficientes e sostibles os servizos municipais
🗣️ Hoxe @anxeles_vazquez salientou que este plan, impulsado por #AugasDeGalicia, xa beneficiou a preto de 150.000 galegos
🔗 https://t.co/AAGTaZVMk5
Situación intermedia entre altas e baixas presións coa chegada dos restos dunha fronte.
🔹 Hoxe, máis nubes no oeste, onde pola tarde teremos chuvias febles.
🔹 Mañá, chuvascos febles máis xeneralizados, remitindo pola tarde. Temperaturas 📉
🔹 Venres, nova fronte pola noite. 🌧️
🦜 Veñen en camiño seis novos exemplares de Mazarico Real!
🙌🏻 A @Xunta blindou a zona de nidificación e cría da única parella desta especie existente na Península para favorecer, así, a súa protección.
🌡️ Galicia rexistrou un maio moi cálido cun episodio extraordinario de altas temperaturas que durou máis de dez días
📃 O informe climatolóxico de @meteogalicia avanza que a temperatura media foi 1,7 graos máis alta que o valor habitual nesta época
🔗 https://t.co/6r1ubwf1rw
✅ Renovamos a colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas
🏔️ Seguimos mellorando a accesibilidade aos espazos naturais e poñer en marcha accións de voluntariado ambiental inclusivo
ℹ️
https://t.co/utJSJIo6WL
Mapa de chuvia rexistrada nas últimas 12 horas en #Galicia co paso dunha fronte fría.
📢Descenso das temperaturas no interior📉
🔹Temperaturas por baixo dos 25ºC en xeral.
🔹Chuvia intermitente pola mañá🌦️
🔹Alternancia de nubes e claros co avance do día🌤️
🔹Vento do oeste.
Bos días! Comezamos o día en #Galicia con tempo seco e pouco vento. Co avance da tarde, o vento do oeste traerá nubes e pola noite chegará a chuvia miúda asociada a unha fronte pouco activa 👇
A fronte tamén traerá aire máis fresco que notaremos a partir de mañá.
🌿 Os espazos protexidos son moito máis que paisaxes de gran beleza: son territorios vivos e dinámicos
👀 Por iso, a ciencia traballa para comprender como funcionan os ecosistemas e como conservalos
🎥 Para amosarnos isto nace 'Ver para comprender'
https://t.co/qCCWbTWEYQ
Comezamos a derradeira xornada de maio desde O Cebreiro🌄
🔹Galicia segue dentro das altas presións.
🔹Néboas nos vales🌫️
🔹Ceo despexado en xeral☀️
🔹20ºC-25ºC polo norte e 25ºC-30ºC no sur.
🔹Puntualmente por riba dos 30ºC no interior da metade sur de Galicia.
#FelizDomingo
👥 Preto de 2.000 estudantes de 53 centros educativos participaron na XIV edición do programa 'O Parque Nacional coa Escola'
✅ O obxectivo é achegar ao alumnado os valores e a riqueza dos catro arquipélagos que conforman este espazo natural único
🔗 https://t.co/zjsGy49UmC