Fai 2 anos saía o vídeo de "Arde o xardín", 3° do noso álbum "Sede de ruína" ( https://t.co/tBqmu3kqKj…... )
Era a resposta á frase mítica do Borrell de que Europa era un xardín cercado pola selva. Así que se esto é un xardín pois que arda!!🔥🔥
👇👇👇
https://t.co/KAxVv02mzX…
Este sábado xunto con @AC_Altofalante, no Día das Letras Galegas, vivimos unha gran noite con 2 grupos, @osbarbansonicos e Kúspide, que manteñen vivo o noso idioma na súa música.
A Praza de Teruel (Ribeira) encheuse de enerxía a celebrar o uso do galego da mellor maneira posible.
O sábado 16 de maio, véspera do Día das Letras Galegas, ven a celebralo con @atrastenda e con @AC_Altofalante á Praza de Teruel de Ribeira.
Con 2 grupos da comarca que están a amosar que en galego non hai límites @osbarbansonicos e #Kuspide
Agardámosvos.
@DACCultura
Algún fragmento do noso paso polo Diaño de Pontevedra.
Rematamos esta primeira xira de presentación de "Mirando a herba medrar" (https://t.co/dtNTbPi6Fx... )Temos algunha cousa gardada para antes do verán e para despois estamos argallando unha nova xira. Estade atent@s😊
O sábado en Compostela foi unha gozada compartir esa noite con tanta boa xente en especial coas hordas luguesas. @mutualistaslugo unha pasada de banda e a jam final un momento único co @lopezdapenadiego, @andreshaensel, @miss.rottenmeier_foto e Alex de @mutualistaslugo á batera🔥
Apareceunos un bolo de última hora, mágoa que sexa cubrindo a baixa de Kondusión Kolérica que molaba que tamén estiveran pero que Fran se mellore e podamos coincidir nunha.
Imos a Compos a compartir coas hordas luguesas de Mutualistas unha razia punk pola capital.
Non faltedes
Recta final da xira de presentación do noso 3º álbum "Mirando a herba medrar" (https://t.co/dtNTbPi6Fx...)
Este sábado no Clavicémbalo en Lugo acompañados de #punkonkeixo.
E despois O Bar Queiro, O Diaño e La Disfrutona del Orzán, O Barqueiro, Pontevedra e A Coruña.
Vémonos aí ☺️
Sigue a xira de presentación de "Mirando a herba medrar"
Imos ao #Clavicémbalo en Lugo, por fin imos ir tocar a Lugo e acompañados de Punk ´onKeixo😍 Todo pinta caralludo para ser unha noite para lembrar. Non vola perdades!!
#XiraPresentación#NovoDisco#MirandoaHerbaMedrar#Lugo
Un par de fotos do noso paso por #elcontrabajo este sábado pasado. Un pracer compartir escenario cos Chatinís e comprobar que aínda quedan un bon montón de punk rockers por Vigo🔥🔥
Novidades para o concerto deste sábado en El Contrabajo de Vigo. Estaremos acompañados de CHATINIS, banda de punk rock viguesa que estamos seguros quencerá ben o ambiente da sala🔥
Así que vaite preparando para este sábado!
#XiraPresentación#NovoDisco#MirandoaHerbaMedrar#Vigo
Segunda parte da xira de presentación do noso terceiro disco "Mirando a herba medrar" (https://t.co/rXXASHKm0O)
Moi contentos cos 6 bolos que xa fixemos, coa resposta da xente e cos temas novos.
Está mal que o digamos nós pero levamos un repertorio que vai como un tiro. ☺️😁
Pois aquí tedes a entrevista que O Vituco Neira nos fixo xa fai un tempo para a radio galega. Tadou en saír pero agradecementos mil ao Vituco por darnos cancha e polo traballo que moitas veces fai en solitario na nosa radio pública para visibilizar grupos como o noso.
Nova parada na xira de presentación do noso terceiro álbum "Mirando a herba medrar" https://t.co/9sYvDZo4pF
Cruzamos a nosa ría para ir á #SalaCream de Vilagarcía o sábado 24 de xaneiro. A partir das 22:30h estaremos dando lume a saco🔥Non faltedes!
#XiraPresentación#NovoDisco
Algunha imaxe do noso paso por #LaBeltane de Lalín.
Sempre da gusto ir a locais onde hai público de R&R e che tratan caralludamente. Grazas especiais a Pablo e que manteña a súa aposta pola música ao vivo 🥰
#XiraPresentación#Novodisco#MirandoaHerbaMedrar#Lalín