e se o peso
dunha folla
fose quen de alterar
o movimento
da terra?
e se fosemos
nós
quen levase ao vento
e quen gobernase
as mareas,
e se por unha vez,
soamente unha vez,
deter o monstro
da area
aínda habemos
de navegar
con esta nosa barca rota
aínda habemos
de subsistir
mesmo sendo de sombra
aínda habemos
de pretender
termos futuro,
e da nosa parte
aa horas
xa non se fabrican
cartas
que traian dentro desexos
envoltos en racimos de auga
xa non se fabrican
soños
que nos permitan erguernos
coma se non pasase nada