De donde sacan os cartos certa organización creada recentemente para os seus concertos, gravacións... actividades... sen falar de que a maioría, por non decir tod@s están en etapa estudante...
🗣️A CIG clama contra a actual deriva represiva coa que se pretende controlar a disidencia e silenciar a clase obreira
👉Desenvolveu protestas na Delegación e nas Subdelegacións do Goberno nas catro provincias para esixir a derrogación da #LeiMordaza
ℹ️ https://t.co/BV4r7cVIBp
@CastoMaga94 Hai xente que non ten neuronas pero escribe igual. Nin caso. Eu tamén é algo que non comprendo.. non podo apoiar a quén me quita a sangue cada puto día. Unha aperta!
Como eurodeputada do BNG pedinlle a TVG que viñera cubrir o martes a inauguración da exposición dun premiado fotógrafo galego. Estaba unha delegación galega de 20 persoas. Foi TVE, Efe, La Voz de Galicia e varios medios galegos e estatais. A TVG negouse. Iso é discriminación
💪A CIG cualifica de éxito a folga en Viaqua e advirte de que continuarán as mobilizacións se non se desbloquea o convenio
‼️A participación foi maioritaria nos principais centros de traballo e centos de persoas manifestáronse en Santiago para reclamar un convenio colectivo xusto
👉https://t.co/JMysqpmmpQ
🔴As traballadoras do #SAF pasan o día en vixilia, fronte o concello de #Santiago, para reclamar a extra de verán
‼️CIG-Servizos non descarta convocar folga indefinida e considera que a municipalización é a única solución para rematar coa precariedade das contratas
👉https://t.co/iGOIt39AY8
@MarioFigos_ Concelleiro do PSo/ Galego ( Que depende de Madriz e o único de Galego a palabra). Eu non lle vou dar leccións ao concelleiro... pero non se entera de nada. Estou ben orgullosa de saber como funciona o BNG e non ir falando parvadas.
✊🏻 95 aniversario da proclamación obreira da #RepúblicaGalega
📰⛏️Tal día coma hoxe, un 27 de xuño de 1931, proclamábase a #RepúblicaGalega en #Compostela, co precedente de #Ourense dous días antes
👉🏻Desde a CIG conmemoramos este fito histórico desde a afirmación da vixencia do rol protagónico da clase obreira galega no proceso de liberación nacional e social de Galiza, sustentada no principio imprescindíbel da auto-organización.
🎞️Ofrecémosche o documentario realizado pola Fundación Moncho Reboiras sobre estes feitos históricos: https://t.co/vtjaiUizc3
ℹ️ Accede aquí á declaración da CIG: https://t.co/FS6YAG0JOu
🏳️🌈🏳️⚧️28 de Xuño: celebrar a diversidade, defender os dereitos, combater o odio!
📢A CIG chama a participar nas mobilizacións convocadas para este domingo nas sete cidades polo Día do Orgullo
ℹ️https://t.co/nXjhWzz0k0
Breve recordatorio: este verán non publiquedes nas redes sociais as pequenas praias, ríos e lugares agochados do noso país nos que os galegos nos refuxiamos de tanto turismo masivo. Un par de “likes” non pagan a nosa tranquilidade.
Meu pai, trabalhando desde os 12 anos, moço de almacem, umha campanha no bacalhau e toda umha vida no metal. Nunca rematou o paro enganchando cholhos até que entrou na lista negra de Nervión, dous anos de desemprego, 1 de ajuda e reformado com 64... Morreu aos 66 de cancro.
🦾8ª xornada de #FolgaDoMetal da provincia da Coruña: nova mostra de forza coa patronal solicitando unha mediación
⚠️De non producirse unha negociación áxil e con propostas que permitan chegar a acordo, os paros seguirán os días 30 de xuño, 2, 7 e 9 de xullo
ℹ️https://t.co/DoWmng1q8C
O de Ence pagando anuncios en YouTube para presumir da eucaliptización da Galiza resulta bochornoso e criminal. Lémbradeo cando os incendios comecen a aparecer este verán.
‼️A CIG ocupa, neste intre, sedes da Xunta e do SERGAS contra a pretensión do PP de legalizar o abuso das #mutuas
📢A central sindical clama contra a modificación do Plan de mellora da xestión e control da incapacidade temporal porque “a saúde é un dereito, enfermar non é delito”
👉https://t.co/e8BopbieiV
📢A loita e a mobilización contra o extractivismo colonial de proxectos como Altri ou a mina de Touro seguen sendo esenciais ante unha Xunta secuaz dos plans depredadores das multinacionais. É por iso que hoxe nos mobilizamos na Illa de Arousa.
#AltriNon#MinadeTouroNon