6 de outubro | Día Internacional das Mulleres na Estatística e na Ciencia de Datos
Desde o @IGE_Estatistica recoñecemos o traballo das mulleres que transforman datos en coñecemento para comprender #Galicia e informar as decisións públicas.
#IDWSDS2026
https://t.co/JF0DwXypIF
29 de setembro, Día Mundial do Corazón
En Galicia, as enfermidades do sistema circulatorio foron en 2025 a primeira causa de morte nas mulleres (28,3% das defuncións) e a segunda nos homes (25,3%).
#DiaMundialdelCorazon
https://t.co/ZyetuETDDK
Seguimento e análise da Construción #IGE_Estatistica
No segundo trimestre de 2026, o Valor Engadido Bruto do sector da construción en #Galicia medrou un 3,3% en taxa interanual.
https://t.co/lHMAG82Zaj
Construción de edificios @IGE_Estatistica
No primeiro semestre de 2026 concedéronse en #Galicia licenzas para 976 edificacións de nova planta, 1.059 para obras de rehabilitación e 193 para obras de demolición
https://t.co/zdoebUZoZR
Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME) @IGE_Estatistica
En setembro de 2026, rexistráronse en #Galicia 319 constitucións de sociedades mercantís. A construción foi a rama con maior presenza (15,1% das constitucións).
https://t.co/4qig4gEfPb
Conta Satélite do Deporte @IGE_Estatistica
No ano 2024, o sector o #deporte foi responsable directo de 17.205 postos de traballo, o que representa o 1,5% do emprego da economía galega.
https://t.co/S3gRYX1j6K
Enquisa estrutural a fogares. Mobilidade @IGE_Estatistica
Cales son as pautas de mobilidade da poboación galega? Como se desprazan para ir a traballar, estudar ou na vida cotiá?
https://t.co/9K1VlTVKkX
Semana mundial da auga (23-27 de agosto)
Sabes cal é o consumo medio de auga dos fogares en #Galicia ou canta auga se perde nas redes de distribución?
#Semanamundialdelagua
https://t.co/MFVe3NC6Oh
Índices da Cifra de Negocios na Industria
En xuño de 2026, a variación interanual do índice xeral da cifra de negocios na #industria en #Galicia foi do 10,3%
https://t.co/lIr3x7QsLX
Como cambiou a estrutura da poboación galega nos últimos anos?
Evolución da pirámide de poboación de #Galicia entre 2002 e 2025.
https://t.co/tk52eQItQ5
En xuño de 2026, o índice xeral do comercio polo miúdo a prezos constantes rexistrou en #Galicia un crecemento interanual do 4,1%
https://t.co/jmNDkNfH49
Enquisa de poboación activa (#EPA)
O número de persoas paradas en #Galicia situouse en 101.100, un descenso interanual do 4,7%.
https://t.co/UW9tA7phf4
Movemento natural da poboación @IGE_Estatistica
Os nacementos de nais residentes en ·Galicia aumentaron no terceiro trimestre de 2025 un 2,39% con respecto ao terceiro trimestre de 2024
https://t.co/ZZAy15N6pg
Hoxe o @IGE_Estatistica publica a actividade estatística ‘Caracterización socioeconómica das persoas propietarias e inquilinas que alugan vivendas en #Galicia’, con datos do ano 2025.
https://t.co/jvz3mAzUYA
11 de febreiro, Dia Internacional da Muller e a Nena na #Ciencia
No ano 2024, a porcentaxe de mulleres matriculadas na rama de ‘Ciencias’ nas universidades galegas foi do 54%. Na rama de ‘Ciencias da saúde’ a porcentaxe foi do 75%
#DíaDeLaMujerYLaNiñaEnLaCiencia
Titulados SUGA @IGE_Estatistica
O 57,1% dos titulados universitarios no curso 2021-2022 en #Galicia traballa ao ano de graduarse, acadando o 70,5% aos tres anos de titularse
https://t.co/M2Z9FTSWKq
Distribución espacial da poboación de Galicia por cuadrícula de 1km2
O 97,1% da poboación de #Galicia vive no 33,7% do territorio
https://t.co/xBWAt4MrxW
Hoxe o @IGE_Estatistica publica na súa web a ‘Carga de poboación estacional dos concellos de #Galicia’, con datos correspondente aos anos 2023 e 2024
https://t.co/wvHsb3fkPX