/❤️"Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino”.(Rosalía De Castro). Concelleira en Santiago de C.
Transparencia ante a gravidade dalgunhas imaxes que todas e todos puidemos ver do operativo.
Os responsables políticos deste dispositivo policial deben explicar cales foron os factores de risco que o motivaron.
https://t.co/b3QtfM1v6p
Pé en parede fronte o retroceso e os discursos de odio.
E orgullo. Moito orgullo.
Desde a nosa xanela no Pazo de Raxoi xa pendura a bandeira LGTBIQ+ 🏳️🌈💜💐
Teresa Furelos é un exemplo de bo facer: no traballo público, no feminismo e no compromiso coa xustiza social.
Como concelleira de Servizos Sociais tiven a sorte de traballar con ela, coidando á xente. Aprendendo dela a coidar.
Feliz xubilación. Agora toca coidar de ti mesma💜
As canles institucionais da Delegación convertidas en ferramenta de campaña ao servizo dun dos seis candidatos do PSdeG.
Pouca rendibilidade electoral terá o recorte da imaxe. A cidadanía sabe que este proxecto trascende mandatos.
O importante é o que queda para a veciñanza.
🔴 El Papa: "La afirmación de la dignidad humana no puede permanecer abstracta cuando tantas personas
se ven obligadas a dejarlo todo para buscar paz, seguridad y futuro. También el trágico drama migratorio interpela hoy la conciencia de las naciones" https://t.co/QkbJd7fjp8
🎙️ Àngels Barceló: "Llevo muy mal que Aznar dé lecciones de cualquier cosa porque tenemos memoria, lo hemos vivido, contado y sufrido"
"Ha sido la persona que más ha mentido a los españoles"
🇵🇸 En Palestina precisan axuda humanitaria, pero sobre todo humanidade.
Hoxe aprobamos unha moción condenando o xenocidio, censurando a interceptación da @gbsumudflotilla e esixindo a apertura inmediata de corredores humanitarios.
Unha moción que nos fai abrir os ollos, ata que nos sangren como di @MistralS , ante asasinatos arbitrarios e masivos.
Unha moción que aspira a representar o sentimento maioritario da sociedade de Santiago que, durante moito tempo, ten amosado a solidariedade con Palestina: desde o microactivismo da @avaxuntanza ata as accións regulares de @galizapalestina ou o activismo cultural do @AmalFestival.
Hai imaxes que, por máis que sexan de cidadáns a máis de 4.000km nos interpelan a todas e todos.
Déixovos a miña intervención para a que tomei prestadas algunhas verbas de Sami Ashour e Sandra Garrido. Máis xentes de Compostela que teñen amosado a súa solidariedade cun pobo masacrado.
O pleno apoia a solicitude de amparo á Unesco para o bosque do Banquete de Conxo fronte ás obras da senda ciclable Milladoiro-San Caetano https://t.co/mLalBLaPLP
No día da Ascensión, non poderemos compartir mesa coas nosas veciñas e veciños.
Desculpámonos desta cita, pero hoxe estaremos acompañando a nosa compañeira Mercedes Rosón, tralo pasamento do seu irmán.
Un día triste no que trasladamos todo o noso afecto á familia e amigos.
As rúas de Compostela deben seguir sendo espazos seguros, libres de odio e discriminación.
Debemos poñer pé en parede fronte á intolerancia e ofrecer respostas contundentes.
Toda a nosa solidariedade e apoio ás vítimas.
https://t.co/OqrzUXse87
👏 O Concello felicita á traballadora social Eva González polo seu Premio á Excelencia Profesional e Compromiso Profesional
🎖️O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia propuxo á xefa de sección dos Servizos Sociais municipais para os premios que concede a Unión Profesional de Galicia, polo seu compromiso coa construción dunha sociedade máis xusta e inclusiva
🔗 https://t.co/oRoOMgXCmr
Nós xa paramos a doar, para movérmonos contra o cancro.
En varias rúas de Santiago podes atopar puntos de doazón de @ContraCancerAC
Entre todxs podemos sumar esforzos para avanzar en investigación, coidados e visibilidade 💚
A única posición responsable é evitar que se perda máis tempo para que os orzamentos entren en vigor.
O mal menor foi o voto a favor das @NonAds_Santiago, porque a abstención do PSOE xunto ao voto en contra do PP supuña voltar á casilla de saída.
Non lexitimamos os orzamentos, pero tampouco imos facer que a cidade perda o tempo. Aínda con reservas sobre algunhas cuestións das contas municipais, o útil é que entren en vigor.
Unha posición máis responsable que mediática. Pero estamos en política para resolver problemas, non para copar titulares.
Déixovos a miña intervención completa no pleno.
Resumindo: pedimos pasar das boas intencións anunciadas pola Alcaldesa e o Delgado do Goberno en febreiro do 2025 aos feitos.
Demos máis dun ano de marxe para afrontar este problema, pero nin as propostas que fixemos se tiveron en conta nin chegaron os reforzos comprometidos.