Quejas por la falta de tacto del @SevillaFC con un abonado menor de edad al que cobrarán su próximo carnet como adulto por no asistir al mínimo de 14 partidos por el fallecimiento de su padre, con el que iba al Ramón Sánchez Pizjuán
Desvela @crdelaosa la respuesta del club 👇
As despedidas nunca son doadas.
César, Martín, Tombita e Nil. Catro xogadores que defendestedes estas cores con orgullo, compromiso e corazón. Catro persoas que entendestedes desde o primeiro día o que significa vestir a camiseta verbibranca.
Grazas por cada adestramento, por cada partido, por cada celebración e por cada momento difícil no que nunca deixastes de empurrar. Grazas por deixar pegada dentro e fóra da pista.
Hoxe remata unha etapa, pero sempre seredes parte da historia deste club e da nosa familia. Porque quen sente o Liceo unha vez, lévao para sempre consigo.
Desexámosvos toda a sorte do mundo nesta nova etapa. Que o camiño vos leve a cumprir todos os vosos obxectivos, coa mesma paixón coa que defendestes este escudo.
💚 Esta sempre será a vosa casa.
#HCLiceo #FamiliaLiceísta #ImosLiceo #ACoruña #Grazas
🫂 𝐀𝐗𝐔𝐃𝐀 𝐀 𝐕𝐄𝐍𝐄𝐙𝐔𝐄𝐋𝐀 🇻🇪
📍A carón da DéporTenda de #ABANCARIAZOR
⏰ Sábado de 10:00h a 18:00h e domingo de 10:00h a 15:00h
🤝🏽 Doa roupa, medicamentos, cueiros e alimentos no perecedoiros
Dende o RC Deportivo lamentamos profundamente a situación provocada polo terremoto en Venezuela.
Toda a nosa solidariedade e apoio ás persoas afectadas e as súas familias nestes momentos tan difíciles.
Moita forza e ánimo.
Ademais da celebración, tamén debemos sumar o noso agradecemento para quen construíu o camiño.
Para a Federación de Peñas, Old Faces e o noso grupo, presentes naquela campaña; para a rapazada de "Aquí tamén se fala" e para cada deportivista que loitou por esta vitoria.
No deporte, moito máis alá dos resultados, importa o legado que deixas.
E o do Liceo, polos seus valores e por ser un exemplo de resistencia, é eterno.
Esta vez non puido ser, mais na vindeira tempada imos a por todas. Forza Liceo! Sodes un orgullo para a cidade.
Final no Palacio
2 - 3 para o Igualada. (Nos penales)
Non puido ser liceístas, pelexamos ata o final, só podemos dar a GRAZAS por estar ao noso carón toda a temporada 🙏🏻 🥬
🔴 Biel Llanes (5’)
🟢 Dava Torres (21’)
🔴 Miguel Cañadiñas (30’)
🟢 Dava Torres (37’)
Orgullosos sempre dos nosos xogadores.
Afección, voltaremos con máis forza o ano que ben, con vós na bancada dando unha vez mais exemplo do noso ADN, familia liceísta. 💚💚
#HCLiceo #ForzaLiceo #GRAZAS #ImosLiceo
#HóckeyPatíns
Celebramos este día histórico en que o noso club conecta coa nosa identidade. Comezamos unha etapa, cunha denominación que coincide coa lingua do noso país.
Novo escudo e o orgullo de lucir o nome da nosa cidade.
O Dépor é da Coruña!
💚 Hoxe xogamos todos.
Un Palacio, dous equipos e unha Liga en xogo.
Cando caia a noite, que o Palacio sexa unha soa voz. Que cada aplauso, cada bufanda e cada alento empurren ao equipo nos momentos decisivos.
Unha desas datas que fan historia e que quedan para sempre na memoria de quen as vive.
🍻 Desde as 13:00h agardámosvos na explanada de Riazor para compartir unha xornada de vermú, cañas e liceísmo antes do partido.
🎟️ As billeteiras do Palacio permanecerán abertas ata o inicio do encontro para todos aqueles que aínda non teñan a súa entrada.
Vivamos xuntos esta noite meiga. Vivámola de verde.
🕣 20:30h
📍 Palacio dos Deportes de Riazor
💚 Imos con todo, Liceístas!
#HCLiceo #DeVerdeAoPalacio #FinalPlayoff #ImosLiceo #ACoruña
Hostalaría, metal, comercio…
Cada vez son máis os sectores que saen á rúa para defender os seus dereitos. Mañá tócalle ao comercio.
Todo o noso apoio ás traballadoras e traballadores que loitan por salarios e condicións laborais dignas.
Final en Igualada.
4 - 2 , intensidade, garra e empeño, valores que describen o ADN Liceísta, mostrado hoxe e sempre.
🔴 Matías Pascual (2’)
🔴 Matías Pascual (5’)
🟢 Nil Cervera (13’)
🟢 Dava Torres (29’)
🔴 Marc González (33’)
🔴 Marc González (36’)
Grazas a todos os que deixastedes a gorxa no Pavillón. 💚
Martes 23, A Coruña todos con nós, ESTOUPA PALACIO!
HORARIO: PENDIENTE DE CONFIRMAR RFEP
#ESTOUPAPALACIO #IMOS #CORUÑACONNOS
💚 Hoxe temos unha nova batalla en Les Comes.
O cuarto partido da final agárdanos e este equipo está preparado para volver competir, volver loitar e deixalo todo na pista.
Chegamos ata aquí xuntos e seguiremos pelexando xuntos.
🕣 20:30h
📍 Pavelló Les Comes
⚔️ Hoxe burlamos, Liceístas!
#HCLiceo #OKLiga #FinalPlayoff #ImosLiceo #ACoruña
Final en Igualada.
Haberá cuarto partido o domingo en Les Comes.
Igualada Rigat HC 5-2 HC Liceo
🟢 0-1 Nil Cervera (22’)
🔵 1-1 José Pascual (32’)
🔵 2-1 Miguel Cañadillas (33’)
🔵 3-1 Biel Llanes (35’)
🔵 4-1 Alex Cardil (37’)
🔵 5-1 Joel Roma (44’)
🟢 5-2 Nil Cervera (47’)
Non puido ser hoxe. Toca levantarse e volver loitar o domingo de novo.
Seguimos xuntos, Liceístas ⚔️💚
#HCLiceo #OKLiga #FinalPlayoff #ImosLiceo #ACoruña
💚 Chegou o terceiro asalto da final.
Hoxe afrontamos un novo reto en Les Comes, coa ilusión intacta e coa ambición de seguir loitando cara o noso obxectivo.
Sabemos o que hai en xogo. Sabemos o difícil que será. Pero tamén sabemos todo o que traballamos para chegar ata aquí.
⚔️ Loitaremos por unha vitoria que nos permita levarr o título de campións de Liga á Coruña.
🕢 19:00h
📍 Pavelló Les Comes
💚 Imos Liceo!
#HCLiceo #OKLiga #FinalPlayoff #ImosLiceo #ACoruña
Chega unha nova batalla. 💚
O venres en Les Comes teremos a oportunidade de loitar polo que levamos toda a tempada perseguindo.
Sabemos o difícil que será. Sabemos o rival que teremos diante. Pero tamén sabemos quen somos e todo o que nos trouxo ata aquí.
O obxectivo é claro: deixar todo na pista para tentar traer o título de Liga de volta á Coruña.
🕖 19:00h
📍 Pavelló Les Comes
📺 OK Liga TV / TVG2
Imos xuntos, Liceístas.
💚 A por ela.
#HCLiceo #OKLiga #FinalPlayoff #ImosLiceo #ACoruña