🗓️ Ata o 3 de novembro está aberto o prazo para solicitar as axudas de 12.000 € anuais para persoas con ELA
📢 Un apoio para sufragar os gastos derivados da enfermidade e mellorar a calidade de vida dos doentes e das súas familias
ℹ️ https://t.co/eSMz3khKE6
Galicia abre camiño. Reunímonos hoxe na romaría do Pino para celebrar o que somos: un proxecto unido, con palabra e con rumbo. E imos ao Congreso con forza, porque Galicia necesita un Goberno que acompañe, e iso só pode lideralo @NunezFeijoo
Xornada intensa en Fitur, presentando a marca Galicia Refuxio Climático e amosando a beleza singular dos Penedos de Pasarela e Traba.
Un esforzo que paga a pena para poñer en valor a nosa terra. E máis aínda tan ben arroupada!
🔵 Comprometémonos a revisar a achega do Goberno galego ao financiamento do Servizo de Axuda ao Fogar
📍 @AlfonsoRuedaGal mantivo un encontro co presidente da @FEGAMP, Alberto Varela
ℹ️ https://t.co/kkOW2xKCPL
🥼 Galicia porá en marcha a semana que vén o proxecto piloto do cribado de cancro de próstata
🔹 Os servizos de Uroloxía do Sergas realizaron máis de 1.700 intervencións cos robots Da Vinci desde a súa implantación
🔗https://t.co/20HyM1h4oB
🌳 PP ➡️ O partido do rural
Somos con orgullo o único partido que loita sen descanso polos intereses do agro galego.
🇪🇺 Vota PPdeG nas Eleccións Europeas para aumentar o orzamento da PAC, crear emprego e rebaixar a protección do lobo.
Este 9 de xuño, somos #ATúaResposta.
A colaboración entre Galicia e Portugal avanza e dá resultados. É un exemplo perfecto do que representan os valores da UE.
Hoxe comeza a campaña das eleccións europeas. O 9 de xuño poderemos dar unha mensaxe clara co PP: queremos máis Galicia en Europa. A gañar!
#ATúaResposta
Os galegos de fóra das nosas fronteiras son os mellores embaixadores da nosa identidade.
Sempre é emocionante ver como a cultura galega perdura a través de entidades como a Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión. As portas de Galicia están sempre abertas.
Hai alguén que non quede marabillado con estes canciños?😍
Que gusto a visita ao centro de acollida de animais da @depo_es. Se queredes ter un amigo para sempre, anímovos a que adoptedes. A partir de maio, desde a @Xunta daremos ata 150 € para os primeiros gastos do veterinario
Na súa investidura, ademais do programa referendado polos galegos hai menos de dous meses, o presidente @AlfonsoRuedaGal trasladará a necesidade de entendemento en cuestións básicas.
Pedimos á oposición rigor, coherencia e que saiban interpretar o resultado electoral.
Quixeron disimulalo en campaña porque saben que vai contra o sentir dos galegos, e pasadas as eleccións volve o Bloque de sempre cos socios de sempre.
Compartirán papeleta para as europeas porque comparten o demais.
O BNG, aliado e colaborador de Bildu e ERC.
@AlfonsoRuedaGal
Rematadas as eleccións en Galicia, rematada a falsa moderación do BNG:
🗳️ BNG, Bildu e ERC preséntanse xuntos, na mesma papeleta, ás eleccións europeas.
Unha vez máis, o BNG amosa a súa verdadeira cara, a radical e de apoio ao independentismo.