Case un ano despois de entregar máis de 2.000 sinaturas, seguimos sen resposta da Xunta. Reclamamos melloras urxentes na liña de autobús que conecta o Val Miñor e Baixo Miño cos hospitais de Vigo.
🚍🏥 Precisamos un transporte público digno que funcione!
https://t.co/bV9JKMsIqe
A nosa voceira, Sara, expuxo os motivos da creación da Plataforma e reclamou un #TransporteDigno no Val Miñor: con máis frecuencias, reforzos para evitar que a veciñanza quede tirada nas paradas e mellores conexións con hospitais, centros de ensino e traballo.
Buscamos defender o dereito de acceso a un transporte público digno e eficiente. O primeiro, será preparar as alegacións 📑 para envialas cando se abra o prazo.
🤗🫂 Agradecemos sinceramente o apoio e a colaboración de todas as persoas que seguides implicadas nesta causa común.
Hai uns meses, presentamos ante os organismos correspondentes, as máis de 2.000 📝🏥 sinaturas recollidas, solicitando unha solución aos problemas existentes co transporte 🚍 público aos hospitais de referencia. Transcorrido todo este tempo, explicamos que pasos seguiremos.. ⤵️
Por estes motivos, decidimos elaborar un cartel informativo para colocar en diferentes espazos visibles (centros de traballo, establecementos, lugares públicos, etc.), co propósito de achegar información á cidadanía e fomentar a participación neste movemento.. ⤵️