Hai unha señora á que sempre me atopo lendo. Hoxe tiven un pouco de tempo e pregunteille polas súas lecturas favoritas, ao que respondeu poñendo un libro nas miñas mans: unha antoloxía de poemas de Antonio Prado Díaz, seu pai, poeta e pintor.
Alguén que me recomende bos libros que expliquen o por que alguén de clase obreira se podería sentir identificado cun discurso de dereitas, por favores.
Agora que o goberno está facendo descontos en "cultura e viaxes", para cando se van permitir descontos de máis do 5% en libros? Non é normal o prezo que teñen agora mesmo, ler vai acabar por ser un privilexio de clase.
Hoxe, 25 de abril, chega as librarías 𝑷𝒆𝒍 𝒅𝒆 𝑪𝒐𝒓𝒅𝒆𝒊𝒓𝒐, o novo traballo de @LediciaCostas, editado por @Xerais. Unha deleitura marabillosa! 😊👏
Sorteamos 6️⃣ exemplares... Participa facendo RT e seguíndonos! ✨
E por iso non coñezo a ninguén que non pensase en deixalo algunha vez. Segues aí porque é para o que estudaches, pero ás veces é demasiado. E isto non só nos afecta ás profesionais, o peor é que repercute na calidade do servizo que se presta.
O que se avanzaría se o EIR funcionase como o MIR. Pero non, as enfermeiras podemos facer dous anos de formación a maiores e despois ser o comodín para calquera lado, co estrés que supón empezar cada día sen saber que pasará, nunha profesión que xa é o bastante impredecible.
Alguén esperaba que non gañase o PP? Eu xa perdín esa esperanza fai moito tempo, en Galicia hai moito caciquismo e votante de dereitas en xeral. É un fenómeno a estudar.
A miña personalidade baséase en ter unha memoria impecable para as caras da xente e ao mesmo tempo ser asocial, entón conmigo non te vas atopar nunca pola rúa porque vou fuxir antes de que me vexas.
Gustaríame saber que mecanismo empregan para levarlle o cerebro a persoas de clase obreira que deberian protexer os poucos dereitos que se lles concede.
Meus tíos viviron os últimos vinte anos de Franco, pero aínda así, seus pais pasaron fame, sufrimentos e algúns familiares quedaron enterrados en cunetas sen que volvese a saberse deles. É un fenómeno a estudar o das dereitas.
➕1⃣5⃣0⃣ 😱 SORTEAMOS 1⃣5⃣0⃣ PARES DE CALCETÍNS DE NADAL 🧦🎄
Non sorriu a fortuna na lotaría? Non desesperes, aínda podes levar os calcetíns máis molóns destas festas!
Abrimos outro sorteo para a #XenteDeleite e, desta volta, 150 pares! 😜
Síguenos e fai RT para participar.
E nada, eu o único que quero é unha casiña no medio do monte cun sitio con boa iluminación para ler e unha finca pequena para que o meu can poida correr, así que estaba vendo casas en idealista e chorando por dentro.
Levo toda a miña vida aforrando e estou moi lonxe de poder comprar unha casa, así que deixa de dicir que é que a xente nova agora gasta os cartos en ir a Starbucks e en viaxar. Que che den, Manolo, canto gastaches ti en paquetes de tabaco?
E despois somos as eternas esquecidas. As que están no medio das crises, persoas aos que o goberno xa non considera xóvenes, pero tampouco adultos porque non podemos selo. Non temos os medios.