💥 Última actividade da Semana da Patria na nosa comarca.
Rematamos en Mondariz Balneario coa Festa Nacionalista. 🎶
Con DJ Meu e DJ Chimpín, bo ambiente e petiscos para acompañar.
Anímate a vir con quen ti queiras!
Paga a pena ler este artigo de @iriaacostas, no que explica a importancia das seleccións deportivas nacionais, como se emprega o deporte como ferramenta política e a importancia de que Galiza teña seleccións propias que compitan a nivel internacional. O deporte é identidade!
Continuamos coas actividades enmarcadas dentro da VIII Semana da Patria.🧩
Trae amizades ou a quen ti queiras! Pero sobre todo, moitas ganas de pasalo ben.
Xincana, risas e petiscos para rematar ben a xornada!😋
🩵 Estas son as nosas cores, o noso orgullo! 🩵
A bandeira das causas xustas e dun pobo que quere decidir libremente o seu futuro sen ataduras. Porque #SomosUnhaNación e temos moito que dicidir. ✊
Este Día da Patria Galega, camiña canda nós! 🚶➡️🚶♀️➡️ 25 de Xullo.
🩵 Galiza volve facer historia.
Tres títulos para Galiza no Mundial de fútbol gaélico:
Dúas seleccións galegas conquistaron a Shield na máxima categoría e a Feminina B proclamouse campioa de 2ª División.
Agora, a polo seguinte: oficialidade para a Selección Galega de fútbol ✊
Nós non nos podemos alegrar das vitorias dunha selección que impide que o noso país poida existir no ámbito deportivo.
Prohibir xogar á Selección Galega é unha decisión política. Defender a nosa selección é defender que Galiza é unha nación e que ten dereito a existir.
Nós non nos podemos alegrar das vitorias dunha selección que impide que o noso país poida existir no ámbito deportivo.
Prohibir xogar á Selección Galega é unha decisión política. Defender a nosa selección é defender que Galiza é unha nación e que ten dereito a existir.
⚠️ 𝗡𝗼𝘃𝗮 𝗰𝗵𝗮𝗽𝘂𝘇𝗮 𝗰𝗼𝗮 𝗣𝗿𝗮𝘇𝗮 𝗱𝗲 𝗔𝗯𝗮𝘀𝘁𝗼𝘀!
O goberno de Nava Castro quere forzar o traslado das praceiras ás présas, sen diálogo, sen planificación... e sen luz!
Ponteareas necesita recuperar o bo camiño cun goberno do BNG e cunha alcaldesa como Cristina Fernández. Imos a por todas cun proxecto sólido e ilusionante para construír un concello con máis oportunidades, que poña a xente no centro e que aposte polos servizos públicos.
➡️ @anaponton: “Cristina Fernández é a alcaldesa capaz de devolver Ponteareas ao bo camiño cun concello ao servizo das persoas”
➡️ A candidata aposta por mellorar infraestruturas básicas, reforzar servizos públicos e recuperar a participación cidadá.
🔗 https://t.co/gHSBlJDUhT
💥A dereita pretende pedir un préstamo para financiar o seu capricho: unha recta de atletismo de 60 metros e 4,4 millóns de euros!
❌Conta co rexeitamento da comunidade atlética, pero Nava Castro e Juan Carlos Carrera néganse a escoitala. A propaganda por diante das necesidades.