Hai tempo que non vos dou a vara con isto: O Ahmed, a súa muller, a súa nena recén nacida e o Siraj precisan saír do inferno e mentres están alí, non morrer de fame e de infeccións. Vai fío 👇
https://t.co/s2RKWC0e94
Nas cousas que non esperaba que estiveran no meu arco caótico de personaxe está perder o tren dende barcelona e cruzar a península en blablacar cunha absoluta descoñecida (e o seu can) da que me fixen amiga cantando cancións de LODVG.
Aquí foto miña co can.
🟠#DESMITIFICANDO: As noivas sempre vestiron de branco.
Estreamos sección da man dunha nova colaboradora ocasional! No Desmitificando imos adicarnos a romper os mitos e clichés relacionados coa moda histórica. Estades listos?
🧵Fío vai🧵
✍️: Nerea Magide @magidenerea
Que hai exactamente dentro dun cadaleito? Sae barato enviar a alguén ben vestido a ver a San Pedro? Acelerar a descomposición do corpo ou mellor embalsamar?
🧵Vai fío:
✍️: Aldara Castro Meizoso
Esqueceunos aclarar unha cousa!
🟠Son benvidos artigos en forma de fío en calquera idioma que a editora entenda. Isto é: Castelán, Inglés e Francés. Tamén aceptamos ambas normas do galego, RAG e AGAL, e portugués.
Que a lingua non sexa barreira, que sexa unión! 🧡
🟠Queres colaborar coa Hucha?
❗️Pois andamos na procura de xornalistas ou historiadores que queiran pór o seu grao de area na divulgación da moda contemporánea, nos traxes tradicionais ou na historia de tecidos, con colaboracións espontáneas aquí no X.
Máis info no DM 📩
Anel de loito de ouro, cun compartimento que nalgún momento levou pelo dun defunto. A tapa ten un debuxo dun ollo esmaltado; e o aro ten un deseño floral gravado sobre esmalte negro. Sen marca de fabricante. Inglaterra, principios do s. XIX. Conservado no British Museum.
Anel de loito de ouro, con bisela circular que contén unha caveira esmaltada rodeada da lenda latina: FOELIX CONCORDIA FRATRUM. Na parte traseira hai tres letras gravadas: H,I e A. Fabricante descoñecido. Século XVII, Inglaterra. Conservado no British Museum.
Anel de loito feito de ouro; no exterior do aro atópanse adornos cun esqueleto, ósos cruzados, un par de ás e un reloxo de area, feitos sobre superficie de esmalte negro. No interior, a inscripción di: In mem. I.W.Arch. Roch. obt 11 June 79.
S.XVII. Conservado no British Museum.
As horas que boto lendo sobre roupa vella son horas nas que non saco unha peseta e, aínda que o fago con gusto, se puidera sustentarme a min precariamente (e por consecuencia poder pagar pezas a outros) o mundo sería un pouco máis bonito.
Anel de loito feito de ouro, coa pintura dun ollo no centro, rodeada dun marco de esmalte azul con adornos dourados. A inscripción do anverso reza: Mary Dean Obt 27 Augt 1794 AEt.73. Ano 1794, Inglaterra. Legado de Sir Augustus Wollaston Franks. Conservado no British Museum.