#FolkloreSunday In #Galicia, Saint Adrian is believed to have arrived by sea in order to fight a plague of snakes that ravaged the country. He expelled all of them to the underworld. In the place where he did it, there is the so called "Pedra da Serpe" (👉🏻 "the serpent rock") ⬇️
17 de agosto, Dia da #GalizaMártir. Hai 88 anos, tal dia coma hoxe, foi executado na Caeira de Poio Alexandre Bóveda. Unha das mentes máis claras e privilexiadas da Galicia daquel tempo.
A exposición _Pontevedra no tempo_ propón un percorrido pola identidade da cidade cheo de detalles marabillosos coma este:
o plano da primeira oficina de Caixa Pontevedra deseñado por Alexandre Bóveda
O meu humilde recoñecemento a @XulioRios por todo o labor de difusión desenvolvido nos últimos 25 anos. A figura de Plácido Castro é hoxe máis coñecida e valorada grazas ao seu traballo. Parabéns!
E moita afouteza para Jacobo Domínguez, o seu substituto nesa nobre misión.
Quero contarvos algunhas curiosidades chulas do mosteiro de Carboeiro para a vindeira vez que o visitedes. Xa non sentiremos esa estraña combinación de fascinación romántica e indignación que tiñan os eruditos de hai cen anos, pero é imposible non facerse mil preguntas alí.
Como me dicía hoxe Xil, hai algo de nostalxia neste documental: tíñase que ter feito hai vinte anos, cando vivían máis testemuñas, e cando o paradoiro dalgunhas das covas sería máis accesible. Hoxe o monte volveu gardalas.
A dimensión que sempre me impresionou do monte Pindo: esa idea de monte refuxio, de último destino. Neste documental publicado hoxe sobre as covas nas que se agacharon os fuxidos fálase como viñan de moi lonxe para agacharse no seu labirinto pétreo.
https://t.co/gyGRSGbRKx
Desfrutando como un cativo do primeiro capítulo de "Ag Triall ar an Tobar" (@TG4TV) e pegando un chimpo cando vexo que aparece a Pedra dos Cadrís dos irlandeses.
https://t.co/lXfgxN3CM7
Cada 24 de xullo, día da festa de San Declán en Áird Mhor (co. #Waterford), os devotos acoden a esta pedra situada á beiramar e pasan por debaixo dela, crendo obter dese xeito a protección do santo contra doenzas dos cadrís, entre outras.
Sóavos o conto, non é? 😬
Cando miramos a realidade, sempre a cortamos cos nosos ollos, ata estremos sorprendentes. Sempre me intrigou o caso do padre Sarmiento, que no caso das súas viaxes por Galicia detallaba a situación de canta mámoa había polo territorio, pero non dicía nin mu sobre os castros.
⚒️ O equipo @RomanArmy_eu descobre sete novos campamentos romanos en Galicia, o que dá conta do enorme despregue militar.
Falamos con @magago e Andrés Menéndez-Blanco 👇
https://t.co/KYJdHEPAkj