Presentes no primeiro adestramento da tempada para deixarlle claro aos nosos que 𝐍𝐎́𝐒 𝐍𝐎𝐍 𝐀𝐁𝐀𝐍𝐃𝐎𝐍𝐀𝐌𝐎𝐒.
En Terceira, en Preferente ou en Primeira Rexional sempre defendendo Ourense.
VOLTAREMOS!! 🔴🔵
Fai 8 anos que andabamos por Salamanca seguindo ao noso C.D. Ourense, que se enfrontaba á tamén extinta U.D. Salamanca, nun partido correspondente á 2ª división B á que estamos seguros de que algún día VOLTAREMOS!
⚠️𝐌𝐀𝐓𝐄𝐑𝐈𝐀𝐋⚠️ Aínda temos dispoñibles bandeiras (100cm x 70cm), cun prezo de 10 euros para soci@s da peña e 15 euros para non soci@s. Se a queres, contáctanos por privado ou envía un correo a [email protected]
Algunhas imaxes do Ourense - Ponte do 8 de setembro. Lembramos que o día 6 de decembro será a reanudación tra-la suspensión polas fortes choivas. HERDEIROS DUN SENTIR. OURENSE SOMOS NÓS!!