Por outro lado, en Coristanco, onde nós vivimos, hai poucos sitios altos, por iso foi un reto que aínda non superamos levar a cabo as probas do noso paracaídas. Como podedes ver no vídeo a continuación.
Como xa vimos, o material elixido para facer o paracaídas foi un paraugas que estaba roto. Estivemos probando para contruílo cunha tea propia para iso, pero cando atopamos o paraugas preguntámosnos por que non facer probas con él, e finalmente resultou ser eficaz.
E por último, os fíos máis curtos atámolos en cada furado do recipiente do noso satélite e xuntámolos facendo un nó, para despois cubrilo con fita illante e metelos no mosquetón.
Para alimentar o noso satélite necesitamos unha bateria que nos dure 4 horas, así que é necesario averiguar o consumo do circuíto. Precisamos medir a intensidade e, para iso, imos utilizar un multímetro, unha fonte de alimentación, o noso circuito e cables de cocodrilo.
Miramos as baterías de LiPo que ten o noso provedor ). Coas de 250 mAh chéganos ben. O mellor factor de tamaño para nós é a de 18x42x4 mm https://t.co/LndhRQPrei
Vannos sobrar mAh, pero, como o tamaño nos vale e o prezo tamén, quedámonos con esta!