No 98º aniversario do seu nacemento, lembramos a Ernesto Che Guevara e o seu exemplo de compromiso e solidariedade entre os pobos.
Até a vitoria, sempre, Comandante! ✊
🔥 DOUS ANOS DE FAÍSCA!
25 números de axitación e organización de clase.
Unha voz colectiva que nace das asembleas de traballadoras para impugnar os opresores e transformalo todo.
✊ Dunha faísca o lume revivirá!
🧵👇 (Pasa o fío para ler o editorial)
NIN GUERRA ENTRE POBOS, NIN PAZ ENTRE CLASES.
Este sábado mobilizámonos en Vigo contra o desfile do exército español e a súa propaganda militarista.
Rexeitamos unha institución herdeira do franquismo e ferramenta do imperialismo que só defende os intereses das elites.
📖 Xa dispoñible o novo número da revista Embate.
Artigos e reflexións sobre temas de actualidade para o debate e a análise crítica.
💻 Accede ao contido completo na nosa web:
https://t.co/6QOaVxThhq
📚 Tamén dispoñible en papel (5€).
📩 Para conseguilo, contacta connosco.
Xa está na rúa o FAISCA do mes de abril.
Analizamos temas como:
- Balance da folga unitaria no Ensino do 28 de abril convocada polas Asembleas Abertas.
- Nova folga no comercio contra o convenio estatal da patronal ARTE.
- A revolución do Saur.
Pide o teu exemplar físico!
Toda a nosa solidariedade coas persoas detidas en Kenya por participar na mobilización da Plataforma Mundial Antiimperialista.
O comunicado íntegro está dispoñible no resto das nosas canles e redes sociais.
Este 11 de maio, todo o noso apoio á folga do comercio vario.
Non imos permitir que nos rouben o conseguido.
Convenios aquí, dignidade para o comercio! 🚩
Profesorado e estudantado unidos e organizados en asembleas chaman a unha folga no ensino que será o primeiro aviso dun movemento de forza da nosa clase que aspira a paralo todo até ser escoitado: unidade e loita popular en defensa do noso ensino e do noso traballo!
Hoxe, 25 de abril, celebramos o aniversario de dous grandes fitos na conquista dunha democracia na que verdadeiramente o pobo sexa quen máis ordena: a Revolución dos cravos en Portugal e o Día da Liberación de Italia.
verémonos permanentemente inmersos nunhas formas de democracia liberal que non son máis que a ditadura dunhas elites que apostan polo eterno retorno, no que asexa sempre, sempre, o fascismo.