O falecemento de Ana Castro deixounos a todos un sentir de tristura e inxustiza. En nome do @PPdePadron e no meu propio, quero trasladarlle o pésame aos familiares, amigos e veciños de Ana e, dun xeito especial, aos seus compañeiros do goberno local e do PSOE de Padrón. D.E.P.
Desde o Grupo Municipal do @PPdePadron presentamos unha moción para instar no pleno de mañá ao goberno local a licitar e adxudicar o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) antes de que remate o mandato.
En Padrón temos a nosa propia forma de celebrar o Día de Galicia: a Romaría do Santiaguiño do Monte e a procesión do santo "Parrandeiro". Gocemos do día coa nosa xente e sintámonos orgullosos do pobo que somos, dos nosos valores, do noso idioma e da nosa cultura. Viva Galicia!
A improvisación do goberno local coa execución dalgunhas obras no casco urbano é un auténtico despropósito. Na Praza Ramón Tojo é a terceira actuación que se leva a cabo nos tres anos que van de mandato, o que demostra unha absoluta falta de planificación.
Veciños de Estramundi avísannos de que hai un contedor de lixo que leva tirado máis dunha semana, deixando cristais no chan. Ademais, quéixanse da falta de limpeza na contorna, chegando a ter que limpar eles en varias ocasións. Agardamos que o goberno local tome nota e actúe.
O venres informei no Parlamento que desde o Grupo Municipal do @PPdePadron solicitámoslle á DX para a Defensa do Monte que realice os estudos previos dos terreos afectados polo incendio de Herbón e Carcacía para avaliar se é preciso adoptar medidas para evitar a erosión do solo.
Onte achegueime á Romaría do Pino xunto cunha ampla representación de compañeiros, afiliados e simpatizantes do @PPdePadron. Pero trala reactivación do incendio de Herbón, decidín volver a Padrón para botar unha man nas tarefas de extinción. Había que estar onde tocaba estar.
Arrincamos a semana informándovos de que vimos de rexistrar unha moción para apremiar ao alcalde a convocar nun mes unha reunión co equipo encargado da revisión do PXOM e todos os grupos políticos, e a comprometerse a levalo ao pleno para a aprobación inicial neste ano 2026.
Dous anos despois, Galicia fai balance con feitos: co 87% do programa cumprido ou en marcha e cun Goberno que dá a cara, rende contas e segue traballando.
Fronte ao non por sistema, gobernamos con estabilidade e sentidiño para que Galicia siga avanzando
#GaliciaGoberna
O Partido Popular de Padrón respalda a manifestación convocada este sábado para defender o mantemento dos postos de traballo na fábrica de Nestlé de Pontecesures.
Por se vos interesa, aquí vos deixo a entrevista que me fixo onte Antonio Blanco en @canalriasbaixas. Moi agradecido pola invitación e pola oportunidade de achegarlle aos espectadores algunhas claves do proxecto político do @PPdePadron.
https://t.co/IZUrFFZq4L
O San Xoán do Raio sempre foi unha celebración institucional coas persoas maiores de Padrón como protagonistas. Pero como a ansia do alcalde por facer política partidista non ten límites, este ano convertiuna nun desembarco de cargos socialistas que pouco ou nada pintaban alí.
O Congreso Local refrendou onte o novo Comité Executivo que dirixirá o @PPdePadron nos vindeiros anos, no que me acompañan 23 persoas ás que lles quero agradecer publicamente o seu apoio e a súa implicación neste proxecto tan ilusionante.
Padrón precisa recuperar o pulso que virá da man dun goberno liderado por Ángel Rodríguez Conde
Centrados no importante: que no 2027 este municipio teña un futuro mellor e con máis oportunidades para a veciñanza 💪
Hoxe comezamos a repartir un boletín do @PPdePadron que nos vindeiros días chegará a todos os fogares do municipio e que esta mañá xa tiven a oportunidade de ensinarlle á delegada territorial da Xunta na Coruña, @belen_do_campo.