Xa temos web! https://t.co/qmzh0todLJ
E podedes ver os próximos eventos en primicia!
Tamén vos podedes asociar ao colectivo das Pedras Galladas de forma moi simple! Compartidea para que poidamos chegar a moita xente!
Durante a actividade observaremos o estado do río e da ribeira, identificaremos flora e fauna e empregaremos os materiais do Proxecto Ríos para analizar distintos indicadores ambientais.
ℹ️ Máis información:
https://t.co/tvKo8JoeUC
Agardamos vervos por alí 🌿💧
Despois da inspección realizada no mes de abril no tramo do río Valiñas que temos en custodia desde As Pedras Galladas, continuamos co seguimento do ecosistema fluvial dentro do @ProxectoRios de @ADEGAgz .
📅 Sábado 16
🕥 10:30h
📍 Punto de encontro: Centro Social Ledoñés
Dende alí desprazarémonos a pé ata a zona de inspección, no acceso ás Naveiras desde a rotonda do polígono de Ledoño.
O material necesario será proporcionado polo propio Proxecto Ríos, así que só tes que traer ganas de participar, roupa cómoda e calzado todoterreo!
Se che apetece participar ou simplemente achegarte, agardámoste no Centro Social Ledoñés ás 10:30 h.
🐟O salmón galego está ao bordo da desaparición. É unha xoia natural que deberíamos de protexer!
Dende as Pedras Galladas unímonos a @ADEGAgz e asinamos e pedímosvos que asinedes para que a Xunta o declare en perigo de extinción https://t.co/wwtUdwMKGb
COMPARTE!
Falaremos do cómic como forma de expresión artística, pero tamén como ferramenta crítica e cultural, ligada desde os seus inicios á vontade de crear unha estética propia e de reivindicar lingua e identidade.
📍 Servizos Múltiples do Burgo · Culleredo
🗓 26 de marzo · 19:00 h
A próxima semana Uxío Pérez López ven ao Burgo (Culleredo) para conversar sobre banda deseñada galega tomando como punto de partida o seu libro Viñetas en Vegliota (Baía Edicións)
As Pedras Galladas seguimos activas 💙
Podedes seguir o que facemos en:
📸 Instagram: https://t.co/4eJP6bqh6H
📘 Facebook: https://t.co/jo7SRJjauq
E moi pronto… tamén teremos web! 🌱
#AsPedrasGalladas#Culleredo#Seguimos
A inspección de outono do río Valiñas tivo un bo resultado. Arredor das 12h apañamos as mostras, aproveitando a tregua que da borrasca. Trasladamos todo ao Centro Social Ledoñés e analizamos e clasificamos os invertebrados. Ao remate, devolvemos todo ao seu ecosistema de orixe.
A xornada de inspección do Río Valiñas resultou fructífera. Foi satisfactorio coñecer máis a fondo un dos tesouros naturais dos que temos en #Culleredo, concretamente en #Ledoño. En outono tocará unha nova inspección, na que esperamos que a saúde do río continúe.
Hoxe faremos unha inspección no río Valiñas, en Ledoño, na que analizaremos fauna e flora coa axuda do @ProxectoRios. Quedaremos ás 16.30 horas no Centro Social Ledoñés, desde onde nos desprazaremos en grupo ata a contorna do río. Acompáñanos!