Celebramos que a Xustiza anule a investigación xudicial contra o noso compañeiro Fernando Fariña, que parte dunha demanda realizada polo ex-xefe accidental da Policía Local, Juan Carlos Arias, aos once días de ser cesado da xefatura polo goberno.
https://t.co/j27LoxXn87
Lamentamos que PP, UxS e PSOE bloqueasen onte a aprobación dos #Orzamentos2024. Esta oposición irresponsable opta por pospoñer o debate, a pesar de que coñecían o borrador das contas dende decembro para poderen realizar as súas achegas.
https://t.co/I0ZyBx0Xia
Este luns 19 levamos a pleno o proxecto de #Orzamentos2024 para a súa aprobación. Estamos a falar de 15 millóns de euros, o máis elevado da historia. De contar co aval da Corporación, #Sada pasaría a contar con 3’4 millóns de euros máis que coas contas en vigor.
Desde 2015, en todas as contas reforzamos as partidas de Benestar e Servizos Sociais. Os #Orzamentos2024 que defenderemos o luns no #Pleno seguen esa liña de investir máis en quen máis o necesita, con incrementos de até o 70%. Somos un goberno que non deixa ninguén atrás!
O alcalde de Sada, @Benito_Portela, e a candidata do @obloque á presidencia da Xunta, @anaponton, mantiveron esta tarde un encontro no que o rexedor tivo ocasión de transmitirlle o seu apoio e o da Asemblea de Sadamaioría de cara aos comicios do #18F.
Na sesión de onte, quedou constituído o noso Grupo Municipal, formado por @Benito_Portela, Rebeca Mouriño, Marcos Villar, @PilyTaibo, Fernando Fariña, Patricia Martínez e Ricardo Berrocal. Avante, compañeiras!
Nin mocións de censura, nin denuncias interesadas acabarán con @sadamaioria. Seguiremos a traballar por Sada. Temos moito que agradecer á cidadanía, ao seu enorme respaldo popular, ao seu apoio e á súa forza. https://t.co/ZqRF6vhRQI
As sucesivas denuncias arquivadas (catro de @Benito_Portela, unha de Francisco Montouto e outra de @PilyTaibo) poñen de manifesto a persecución, acoso e derrubo que vén sufrindo o noso grupo municipal. https://t.co/yPlUV7I69P
ENTREVISTA | Benito Portela, candidato de @sadamaioria, afastado da alcaldía no pasado mandato por tránsfugas e previsible novo alcalde da vila: "O segredo do éxito de Sadamaioría está no traballo de proximidade e en saber recoñecer os erros" https://t.co/M79NyhPSfw
Hoxe á tarde poñémoslle o ramo a unha campaña na que sentimos #AForzaDaXente alí por onde pasamos. Grazas polo voso apoio constante, agora e sempre. Vémonos ás 20:30H na Casa da Cultura! #VotaSadamaioría
Xa temos todo preparado para celebrarmos o mitin central e de peche de campaña en Sada. Vémonos mañá, ás 20:30H, na Casa da Cultura! Queremos ver toda #AForzaDaXente! #Campaña2023
Sabemos que a cidadanía de Sada non perdeu a memoria e saberá elixir o mellor para si. Se o teu é un voto responsable e cargado de futuro, o domingo #VotaSadamaioría!
Como sempre, o encontro coa veciñanza na Escola estivo cheo de caloriña. Grazas por acompañarnos, Carnoedo! O venres, ás 20:30H, mitin fin de campaña na Casa da Cultura de Sada. Non faltes! #AForzaDaXente#TodasAsParroquias
Un bo goberno debe comprometerse co apoio constante ao noso rico tecido asociativo. É cuestión de #vontade estar onde reside a creatividade e #AForzaDaXente. Ese foi e será o lugar de Sadamaioría. Por iso, #28M vota @Benito_Portela! Este domingo, BENITO ALCALDE! #EuConBenito
Arrancamos semana con visita á Casa do Pobo de Meirás, hoxe ás 20:30H. Mañá e pasado estaremos coa veciñanza en Veigue e Carnoedo. Pecharemos a #Campaña2023 o venres, co mitin central na Casa da Cultura de Sada. Móvenos #AForzaDaXente! #TodasAsParroquias