Formación experiencial nas Reservas da Biosfera
Proxecto de formación teórico-práctica sobre o emprendemento. Visita a iniciativas inspiradoras, desenvolvendo actividades creativas e talleres prácticos para crear pezas comercializables feitas a man
https://t.co/rJ7eIZFGXJ
E o Campus chegou ao seu fin coa charla de Carmen e a degustación de empanadas con algas de @Galurina_
O mellor peche dunha xornada inspiradora para estimular o espírito emprendedor e os sentidos.
#EmprendementoConsciente#ConsumoConsciente#AlgasGalegas
Continuamos o Campus de emprendemento con Montse, de @augaesal, quen nos fala de emprendemento dende unha asociación cultural que pon en valor o patrimonio material e inmaterial da vila a través de paseos guiados.
#murosconsciente
Hoxe compartimos convosco un proxecto de animación, que tivemos a sorte de desenvolver grazas á subvención da área de Cultura da Deputación da Coruña, no marco do Programa de Axudas para a produción de proxectos singulares de especial interese cultural
https://t.co/Ljv8om4YBo
Cando se xunta o compromiso persoal, o coñecemento na materia e o talento artístico, xorden cousiñas tan chulas e necesarias coma esta, en prol dunha sociedade mellor.
#promovendoactitudes#transformandorealidades
Hoxe rematamos as charlas sobre o vídeo de animación contra a LGBTifobia no @CifpL
Grazas ao profesorado e alumnado do Leixa pola boa acollida e a @DACCultura polo apoio a este proxecto singular de especial interese cultural na provincia da Coruña.
#promovendoactitudes
Hoxe estivemos con Xandre e Ana no CEIP pluriligüe Cardeal Quiroga Palacios. Que boa acollida tiveron as charlas contra a LGBTfobia. Un gustazo comprobar como as crianzas celebran a diversidade sexual e de xénero libre de estereotipos.
Grazas @DACCultura por apoiar este proxecto!
Empezamos coa charla de Xandre a partir do vídeo de animación e a unidade didáctica contra a LGBTfobia no ámbito educativo, grazas a @DACCultura#promovendoactitudes
Tomando un café con Xandre na cafetería do @CIFPCOMPOSTELA antes de empezar a charla contra a LGBTfobia co alumnado do ciclo de integración social. Un proxecto apoiado por @DACCultura da Deputación da Coruña.
#promovendoactitudes#LGBTIQ+
Todo preparado para empezar o obradoiro sobre atención á diversidade afectivo-sexual e contra a LGBTfobia no ámbito educativo, no CEIP Ramón Artaza de Muros, da man de Xandre Garrido.
#promovendoactitudes co apoio de @DACCultura
No último Campus de Emprendemento Sostible do curso 2022/23 achegámonos ao concello de Muros co alumnado do IES Espiñeira de Boiro.
@Galurina_ @frescoydelmar e #amaceta foron as iniciativas inspiradoras seleccionadas que podes coñecer aquí👇
https://t.co/qn5oMRp98I
O próximo martes 20 de xuño ás 10:00 participaremos nos Encontros Emprendedores Axenda Urbana 2030 que organiza o concello de Santiago, nunha charla que leva por título "Igualdade de oportunidades e cohesión social".
Inscríbete e participa!
https://t.co/PtfgG2Hbdi