A reivindicación da cultura propia, os cambios sociais e culturais da Transición, e a aventura duns mozos que se abren ao mundo exterior, o sentimento de amizade e mais o legado musical son os temas que vertebran esta pequena homenaxe audiovisual.
...a aventura e o desafío duns mozos que se abren ao mundo exterior, o sentimento de agradecemento e amizade entre os protagonistas desta historia e mais o legado musical que nos deixan son os temas que vertebran esta pequena homenaxe audiovisual.
🎞️ Tes ganas de volver ver o documental de #Xorima? Ou quizabes non tiveches aínda a ocasión de acudir ás proxeccións?
📝 Pois anota a data: a partir do 31 de agosto teralo dispoñible en todos os teus dispositivos, en liña. 💻📱🖥️ Atentx ás nosas redes nos vindeiros días!
Van case 5 anos dende que comezamos este proxecto con toda a ilusión do mundo 🥰 Conseguimos traer de novo a Xorima á actualidade, publicamos un libro, estreamos un documental e o máis importante: tivemos a oportunidade de ver a Xorima tocando en directo 🤩
Queriamos dar as grazas a toda a xente que se ilusionou tanto coma nós e nos seguiu de preto todo este tempo. Por iso, como agasallo, queremos aproveitar as festas de San Ramón de Vilalba deste ano para estrear en liña o documental de Xorima, de acceso libre e gratuíto! 🖥️📱💻
Cousas que só ocorren en #Pardinhas: parte da formación de Xorima, a xente de @Proxecto_Xorima , e a de @ACXermolos con Youenn Le Berre, líder de #Gwendal e único membro orixinal que queda na banda. Levou de agasallo un exemplar de Conversas arredor de Xorima e o noso afecto.
Cousas que só ocorren en #Pardinhas: parte da formación de Xorima, a xente de @Proxecto_Xorima , e a de @ACXermolos con Youenn Le Berre, líder de #Gwendal e único membro orixinal que queda na banda. Levou de agasallo un exemplar de Conversas arredor de Xorima e o noso afecto.